Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Literatura

María Solar presenta hoxe "As malas ideas" en Bueu e Xurxo Estévez estará mañán en Cangas con "Notas ao pé de páxina"

A presentación en Bueu está organizada pola libraría Miranda, no Centro Social do Mar (19.30 h), e a de Cangas será en Wells, tamén ás 19.30 h

Os carteis coas presentacións literarias organizadas polas librarías Wells e Miranda.

Os carteis coas presentacións literarias organizadas polas librarías Wells e Miranda. / Fdv

R.M.

O Morrazo

As librarías Miranda, en Bueu, e Wells, en Cangas, organizan estes días sendas presentacións literarias. A primeira será hoxe no Centro Social do Mar de Bueu, coa presenza de María Solar para presentar «Malas ideas», acompañada pola responsable do blog literario Lecturafilia, Tensi Gesteira. Será a partir das 19.30 horas na sala multiusos do centro social.

Mañán xoves será a quenda de Xurxo Estévez en Wells, na Praza do Arco en Cangas, donde presentará «Notas ao pé de páxina», una novela divertida e cunha estructura fóra do común. O autor estará acompañado da directora artística da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, María Armesto, a partir das 19.30 horas.

Maio é o mes das letras galegas e desde a libraría Miranda de Bueu avanzan que os seus mércores literarios estará adicados a libros en galego: o 13 de maio Victoria Pinal presenta «Tiña eu razón»; o 20 de maio Alberte Blanco estará con «O pazo das marismas»; o 27 de maio a convidada será Xulia Alonso con «Futuro imperfecto». A estes mércores literarios hai que engadir unha data a maiores: o sábado 23 de maio Arantza Portabales presentará «Asasinato no muíño do cura», ás 12.00 horas.

Tracking Pixel Contents