Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Idioma galego

Máis de 1.000 estudantes, no Correlingua en Moaña

A edición de 2025 celebrouse en Cangas. | FDV

A edición de 2025 celebrouse en Cangas. | FDV

Moaña

Moaña acolle este xoves, 7 de maio, o Correlingua 2026, no que máis de 1.000 alumnos dos colexios de Primaria e Infantil do Morrazo cortarán a rúa entre a Avenida da Xunqueira e o Palco da Música da Alameda para reivindicar o emprego do galego. A iniciativa, organizada pola CIG, celébrase cada ano nun concello do Morrazo.

A saída dos pequenos está prevista para as 10.00 horas. Á chegada gozarán dun concerto de Mekanika Rolling Band, tras o saúdo da alcaldesa da vila.

Case tódolos colexios e escolas infantís de Moaña participarán no evento. Por parte de Cangas acuden os alumnos de todos os cursos do CEIP San Roque, o CEIP O Hío e o CEIP Espiñeira. En canto á Bueu, está confirmada a participación dos colexios A Pedra, Virxe Milagrosa e Montemogos-Beluso, segundo explica a concelleira de Normalización Lingüística, Dolores Chapela.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents