Patrimonio
Coiro festexa a tradición do muíño e as súas historias enfariñadas (e picantes)
Este ano a chuvia non puido coa Festa do Muíño de Fausto de Coiro. As precipitacións do comezo do día foron desaparecendo e permitiu desfrutar dun día de festa e tradición nun fermoso espazo ao lado do Bouzós.

David García
Van xa 35 anos de festa ao redor do Muíño de Fausto, en Coiro. Tres décadas e media de «traballo heroico», como o definiu o pregoeiro desta edición, o músico e mestre tradicional Guillerme Ignacio Costa. «Unha labor necesaria froito desa vontade de organizarse para dar pulo ao patrimonio local e facer medrar o orgullo do propio», afirmou desde un escenario que coñece ben. Alí estivo no ano 2001 coas súas alumnas de canto tradicional do grupo Manxadoira e en dúas ocasións co grupo Quempallou. Ese extenso coñecemento ao redor da tradición de transmisión oral foino debullando ao longo dun pregón que, como non podía ser menos, estivo cheo de coplas, cantigas e historias enfariñadas ao redor do muíño.
A xornada deste domingo comezou chuviosa, pero pouco a pouco o auga foise retirando e ao mediodía a xente comezaba a chegar ao espazo da festa, un fermoso lugar ao carón do muíño restaurado e do río Bouzós. Primeiro fixo a súa entrada a Banda de Gaitas Tromentelo, que xunto a Comunidade de Montes de Coiro encárgase da organización. E logo foi o turno do pregoeiro, que lembrou que ata os 8 anos viviu nas vivendas dos mestres do colexio de Castrillón, onde estaban destinados os seus pais. O traballo de Guillerme Ignacio ao redor da tradición oral e musical galega permitiulle fiar un pregón no que puxo en relación o muíño coa cultura galega. Porque, tal como fixo notar, un dos sinais de identidade do patrimonio cultural galego está intimimamente vencellado ao muíño: o ritmo da muiñeira debe o seu nome a este lugar e, especialmente, a quenes traballaban en el.
Con todo isto o pregoeiro lanzou unha pregunta nada inocente: «Que pasou no muíño?». Porque o muíño aparece en multitude de coplas da tradición oral, moitas veces cun segundo sentido bastante evidente: un lugar non só de traballo, senón tamén para os encontros amorosos máis ou menos clandestinos. «Á noite fun ao muíño/cun fato de mozas novas./ Elas todas en camisa e eu no medio en cirolas/ Só dunha banda/ só doutra banda./ Só dunha banda/ dunha banda só./E pica miudiño/ e pica ben a mó/ e pica miudiño dunha banda só», cantou nun dos momentos do pregón.
Nesas cantigas e encontros clandestinos nos muíños non podía faltar o clero. «A criada e mailo seu capellán/ foron xuntos ao muíño/ non sei que fariña fan./ O cura e maila criada/ foron xuntos ao muíño./ Díxolle o cura á criada:/ ‘Vamos faser un mosiño’». Un repertorio que rematou acompañado por Tromentelo e cantando unha copla recollida de María do Caño, natural da illa de Ons. «A muiñeira trulla, trulla/. A muiñeiras trullará./ A muiñeira está borracha/ a muiñeira borracha está./ Unha noite no muíño/ fumos certa morena máis eu./ Ela non sabía nada,/todo o traballo foi meu».
Unha copla que serviu para despedirse cun agradecemento á organización da Festa do Muíño por «ofrecer un lugar onde poder vivir o noso baile e músicas de tradición nunha contorna espectacular».
Durante toda a fin de semana o Muíño de Fausto non deixou de moer para quen quixera levarse para casa fariña para facer as papas. E por suposto a cantina montada pola organización estivo aberta para poder dun xantar tradicional, aproveitando que por fin escampara, neste entorno privilexiado de Coiro. A festa seguiu pola tarde. Primeiro con Dani Blanco e o seu espectáculo de «circo fresco e narración oral selecta desde as marxes». E finalmente co grupo folc Arume, procedente de Mos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aparece un hombre de Vigo ensangrentado en el enlace de la Autovía do Morrazo en Meira y dice que fue secuestrado
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira
- Un tubo con 'ruido' de la naturaleza recorre las calles de Cangas
- Inquilinos de Morrazo denuncian más casos de presuntas estafas con dueños que se niegan a devolver la fianza
- Ingresan en prisión los tres detenidos por el secuestro del vigués que apareció con una paliza junto a la Autovía do Morrazo en Moaña
- Seprona denuncia por maltrato animal a una mujer de Cangas que tenía en su casa más de 20 gatos, muchos guardados en un zulo
