Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Rompeolas

Xa chegan os maios... e que non deixen de vir

Xa chegan os maios.

Xa chegan os maios. / Fdv

Hai tradicións ben fermosas, que non deberían desaparecer nunca. Como esta de darlle a benvida ao mes de maio cos «maios» en forma de ramos con flor de xesta nos coches. Por mil primaveras e mil maios máis! Sobre todo despois dun inverno tan duro e mollado como este!

Dous vogas históricos da "Maruxía" que non perden a paixón

Este xoves o Concello de Bueu a presentación da XI Bandeira de Traineiriñas de Bueu e os encargados de comparecer para o evento foron o directivo do Club do Mar Bueu-Simei Javier Pazos Fariña «Fari» e o alcalde de Bueu, Félix Juncal. O rexedor compensa o seu pecado futbolístico de ser siareiro do Atlético de Madrid co seu pasado como remeiro. E xunto a Fari rememoraron os tempos nos que os dous eran os vogas titulares da tripulación da traiñeira de Bueu, un por babor e outro por estribor. Para que non esté moi ao tanto: os vogas son os remeiros que se sitúan máis preto do patrón e quenes marcan o ritmo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents