Entrevista | Quinkillada Grupo de música do Morrazo
«O novo espectáculo é moi divertido, para non parar de bailar»
O conxunto do Morrazo estrea este sábado no Adro, en Cangas, o espectáculo do V Aniversario «Entre cumbias e rumbas»

Os integrantes do grupo Quinkillada, do Morrazo, que hoxe actúan na sala O Adro, en Cangas. / Play Plan
A Quinkillada está de volta. Nos últimos meses foron lanzando varios temas para mostrarlle ao público que nas súas cabezas seguían a bulir ideas e composicións. O último exemplo foi este mesmo venres, coa publicación de «Caminho». Agora chega o momento de presentar ese traballo e un novo repertorio. Como xa é tradición no grupo do Morrazo o primeiro concerto ten que ser na casa, na comarca. Así que este sábado van estrearse na nova sala O Adro, en Cangas, ás 22.00 horas.
Este sábado voltan aos escenarios, no que é o seu primeiro concerto deste ano. Cales son as sensacións antes de subirse enriba do escenario?
A verdade é que estamos con eses nervios de volver aos escenarios. Presentamos nova xira de V Aniversario «Entre Cumbias e Rumbas», nova posta en escena e novos sons. Así que non podemos estar máis contentos e impacientes.
Un regreso que ademais é nunha nova sala de concertos e espazo para a cultura na comarca, O Adro en Cangas.
Si, para nós comezar a xira cada ano é unha tradición que nunca pensamos perder: nós somos do Morrazo, as nosas familias e amigos están aquí e moitos anos tocamos por fóra da comarca polo que non poden vir vernos. É unha forma de ensinarlle o novo directo. Este ano tocar no Adro é moi especial, xa que temos amigos involucrados neste proxecto tan precioso e que boa falla lle facía a vila.
Aínda que nestes meses non foron de concertos si que houbo traballo. Foron presentando novos temas, como «Derradeira canción» con Grande Amore e Capital Voskov; «Afouteza», un novo himno para o Celta, ou a cumbia «Os reis do lugar». E este mesmo venres lanzaron outro tema. Son adiantos dun novo disco no que andan a traballar?
Aínda non sabemos se imos sacar o concepto «disco» este ano. Si que é certo que foron meses longos de composicións e nos que non podiamos agardar para poder ensinarlle á xente todo o traballo. A idea de sacar cada pouco un tema nos está gustando bastante e pensamos que á xente tamén. Non somos un grupo que se defina por un estilo en concreto, polo que sacar un tema cada pouco nos dá a liberdade de sacar esta diferencia de estilos en cada un. E de feito, como ben apuntaba, este venres vimos de lanzar «Caminho», outro temiña novo moi diferente aos anteriores, e que imos presentar xunto aos outros no Adro.
Como foi esa colaboración con Grande Amore e Capital Voskov? Espero que a pesar do título da canción non sexa a súa derradeira canción….
Pois o curioso é que moita xente ao principio nos preguntaba iso, se de verdade era a «derradeira», pero xa vedes que non. Con Grande Amore levábamos tempo argallando o de facer algo, e Capital Voskov é unha banda que sempre nos molou, son uns musicazos. Colaborar con Nuno e Fonso foi unha experiencia difícil de contar: son dúas persoas marabillosas, foron risas sen parar, tanto na gravación do tema como do videoclip, e por suposto creou unha amizade para sempre.
Que poden avanzar do concerto deste sábado en Cangas: por onde vai ir o repertorio, haberá algunha colaboración especial…?
Pois algunha sorpresa tempos preparada O único que podemos adiantar é que o repertorio é totalmente diferente aos anos anteriores. Rescatamos temas do primeiro disco, que levábamos tempo sen tocar. Vai ser un espectáculo moi moi divertido, para non parar de bailar... Polo que só lle pedimos á xente que veña con calzado cómodo para gastar a pista sen lesionarse [risos].
Están considerados como «a alma da verbena galega». O verán, as verbenas e os festivais xa están aquí, con citas confirmadas como o SonRías Baixas ou o Festival de la Luz.
E pedimos que nunca falten as verbenas nos pobos. Nin no verán nin no resto do ano! E que viva o baile e a música!
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- Inquilinos de Morrazo denuncian más casos de presuntas estafas con dueños que se niegan a devolver la fianza
- Ingresan en prisión los tres detenidos por el secuestro del vigués que apareció con una paliza junto a la Autovía do Morrazo en Moaña
- Una inmobiliaria con futuro en Moaña
- Ara Malikian, uno de los mejores violinistas del mundo, tocará en Cangas en septiembre