Teatro
"Bernarda", unha historia sobre a Transición e o choque xeracional
O Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas acolle hoxe a función teatral «Bernarda. Vilalba 1975», unha historia sobre o choque xeracional entre unha nai e as súas dúas fillas tras a morte do pai o mesmo día que Franco.

Un momento da representación de "Bernarda. Vilalba 1975", con Luisa Merela, Celia González e Esther Aja (que será sustituída por Paula Pier). / Malasombra Producións
Bernarda é unha muller de Vilalba, que queda viúva o mesmo día de novembro de 1975 no que morre Franco. No exterior comeza o proceso da Transición política que ha de culminar coa celebración de eleccións democráticas e a aprobación dunha constitución. Pero a máxima na casa da protagonista, que vive con dúas fillas xemelgas e novas, as cousas van doutra maneira: "Mentras eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer". Palabra de Bernarda. Este é o punto de partida da representación teatral que chega este sábado ao Auditorio de Cangas (20.00 horas), "Bernarda. Vilalba 1975", de Malasombra Producións, e con Luisa Merelas, Celia Gómez e Paula Pier como protagonistas.
O texto orixinal da obra é de José Prieto, que tamén se encarga da direción dunha produción que gañou os galardóns ao mellor espectáculo, mellor texto orixinal, mellor dirección e mellor actriz de reparto (Celia González) nos Premios María Casares 2020 e foi nominada ao mellor espectáculo nos Premios Max 2021. Unha historia sobre o inevitable choque xeracional entre unha nai e as súas dúas fillas. Porque tras a morte do marido e pai, Bernarda decreta un rigoroso loito. Bernarda está interpretada pola recoñecida actriz Luisa Merelas, conocida entre o gran público como dona Carme, a nai de Carmelo Matalobos. Ese decreto de loito significa que durante dous anos non se poderá ver a televisión, escoitar a radio nin ler revistas. Durante dous anos só se pode saír da casa para ir á misa, á tenda ou ao cemiterio. Durante dous anos as contras das fiestras han de permanecer pechadas día e noite. Unha completa escuridade e aillamento mentas no exterior a sociedade está a cambiar con rapidez cara un novo sistema político e de liberdades tras unha longa noite de pedra de 40 anos.
Un choque xeracional que ao longo da representación sobre ás táboas do escenario do Auditorio de Cangas terá momentos cargados de drama por situacións tensas e duras e outros nos que a risa, impulsada por momentos extremos, consegue facerse paso. Esta Bernarda que ten que asumir o papel de pai e nai a un tempo non entende a música "ye-yé", nin as minisaias, nin os guateques nin ningunha das novas modas da xuventude. A súa intención é educar as súas fillas como mellor sabe e como a ela mesma lle ensinaron. Non o fai por mal, senon porque pensa que é o mellor para elas.
Unha visión que, por suposto, as súas fillas non comparten. Mais entre elas as dúas tamén hai diferenzas e discusións. E moitas veces non se poñen dacordo sobre se Bernarda é mala ou máis ben pobriña. Ou quizáis as dúas cousas a un tempo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aparece un hombre de Vigo ensangrentado en el enlace de la Autovía do Morrazo en Meira y dice que fue secuestrado
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira
- Un tubo con 'ruido' de la naturaleza recorre las calles de Cangas
- Inquilinos de Morrazo denuncian más casos de presuntas estafas con dueños que se niegan a devolver la fianza
- Ingresan en prisión los tres detenidos por el secuestro del vigués que apareció con una paliza junto a la Autovía do Morrazo en Moaña
- Seprona denuncia por maltrato animal a una mujer de Cangas que tenía en su casa más de 20 gatos, muchos guardados en un zulo