Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria histórica

Bueu rende homenaxe a Johan Carballeira e aos represaliados no 89 cabodano do seu fusilamento

Bueu

Na madrugada dun día como este venres, pero de hai 89 anos, o que fora alcalde de Bueu, xornalista e poeta, José Gómez de la Cueva «Johan Carballeira», foi fusilado xunto a outros tres veciños de Bueu dentro da represión desatada polo golpe de estado de 1936.

Como cada ano o Concello de Bueu e a Asociación Amigos de Johan Carballeira lembran esta data cunha ofrenda floral no monumento erixido na memoria de Carballeira e do resto de represaliados.

A programación completouse cunha conferencia e coloquio no Centro Social do Mar de Bueu, coa intervención de representantes dos colectivos de memoria histórica da comarca.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents