Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sesión de escoita en vinilo e presentación do novo disco de Xan Campos na libraría Wells, en Cangas

O artista explicará o proceso creativo e algunhas das historias ao redor do seu novo álbum, "Amorodios"

O músico cangués Xan Campos rodeado de discos de vinilo.

O músico cangués Xan Campos rodeado de discos de vinilo. / Ivana Pardal

Cangas

A libraría Wells, en Cangas, acolle este xoves ás 19.30 horas unha sesión de escoita do novo disco de Xan Campos, «Amorodios». O propio artista acompañará ao público para explicar o proceso creativo e compartir algunhas das historias. O evento, máis que unha presentación ao uso, propón un encontro arredor do álbum en forma dunha escoita en formato vinilo de principio a fin, en comunidade e en compañía do propio autor.

Este tipo de encontros teñen a súa orixe na cultura do vinilo e do jazz, cando xa nos anos 50, músicos, críticos e afeccionados se reunían para escoitar discos recentemente publicados e comentalos en grupo. Selos discográficos como Blue Note ou Motown popularizaron este tipo de sesión, que logo pasarían a coñecerse como “listening parties” dentro da industria musical anglosaxoa. O venres a iniciativa repetirase en Pontevedra, na Libraría Paz, e Xan Campos estará acompañado por Helena Constela, autora da portada do disco.

O novo traballo de Xan Campos xunta jazz e música tradicional galega e o concerto de presentación en Cangas será o 30 de abril no Auditorio de Cangas, con motivo do Día Internacional do Jazz. As entradas xa están á venda a través da web ataquilla.com.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents