Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

95 aniversario

A proclamación da II República en Cangas

Nullam in malesuada justotiammoles tie sem acx dolorimperdiet conval litmolestie sfremu adaIn hac habitasesuada justotiammoles tie sem acx dolorimpese plimperdieatea

Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto

Cangas

Este martes 14 abril 2026 cúmprense 95 anos dun dos máis importantes acontecementos da historia contemporánea galega e española: a proclamación da II República.

Antecedentes

Segundo recollen Iago Santos e Antonio Nores no seu libro «Historia de Cangas- 1900-1936. Unha ribeira de pescadores», o 12 de abril celébranse as eleccións municipais no distrito de Cangas cun resoante triunfo do pobo de Cangas. Os elexidos e resultados foron:

Ángel Iglesias Acuña “Xelo” – Independente – Patronal de Armadores – 475 votos.

Juan Azpeitia Santisteban – Independente – Patronal de Armadores – 474 votos.

Jose Acuña Rodal “José de Vicenta” – Republicano – Alianza Mariñeira – 470 votos.

Manuel Nores Sotelo “Taratola” – Republicano – Alianza Mariñeira – 468 votos.

Francisco Eiroa Graña – Republicano – Círculo Mercantil – 466 votos.

Lorenzo Corbacho Rodal – Socialista – Sociedade Canteiros – 469 votos.

Non foron elexidos os candidatos monárquicos: Cecilio de la Gándara Blanco (100 votos), José Vidal Barreiro (95 votos), Leopoldo Montes Graña (95 votos) e Benigno Lemos Mallo “Cinturita” (93 votos).

O triunfo da esquerda é completo. Así o Concello queda constituido por 9 republicanos, 4 agrarios, 1 socialista, 2 independentes e 4 monárquicos.

A nivel de Estado e consecuencias

«Como resultado do clamoroso trunfo do republicanismo nas cidades nestas eleccións municipais, o Rei fuxiu de España e o 14 de abril proclamouse a II República entre a máis fermosa e masiva ledicia. Era tal e tan mesta a presión das masas nas rúas que en Madrid non podía nin tan siquera mobilizarse a garda civil, nin a tropa estaba disposta a acatar ordes de actuar para soster o descomposto réxime monárquico».

O 14 de abril en Cangas

A reseña do xornal «El Pueblo Gallego» na sección de «Cangas», data 21 de abril de 1914, páxina 11, fai referencia ao martes 14 de abril dese ano, acontecemento da proclamación da II República en Cangas:

«Pola tarde, no último vapor (O «Alegría») viñan de Vigo don Francisco Eiroa e don Lorenzo Corbacho coa bandeira tricolor enaborlada no mastro do barco, e os pitidos da serea congregaron no peirao a unha inmensa multitude entre a que se atopaba a Xunta do Centro Republicano. Os seus membros, en unión dos nomeados, puxéronse á fronte dunha manifestación que percorreu as rúas, cantando a Marsellesa e a Internacional.

Ao chegaren á Casa do Concello, o señor Eiroa Graña, en unión dos concelleiros de esquerdas e o Centro Republicano, pediu ao último alcalde da Monarquía, señor Gándara, que lle foran entregados os poderes en nome da nacente República, ao que accedeu este último, e acto seguido o señor Eiroa constituíu, baixo a súa presidencia, un Comité que actuou no mesmo instante, acordando declarar o mércores como Festa local. O nomeado mércores, ás 12 horas do día, organizouse outra manifestación que, partindo da Casa do Pobo e coa bandeira da Alianza Mariñeira levada polo seu presidente, don Manuel Nores, recorreu as rúas ata chegar á Casa do Concello, poñendo a carón da bandeira republicana a de Alianza e dirixindo a palabra ao público o señor Nores. Ás catro da tarde chegou un delegado do señor gobernador civil da República e procedeuse á formación dun Concello integrado polos concelleiros de esquerda».

Elección de novo alcalde

O sábado seguinte constituiriase definitivamente o Concello, con catorce concelleiros republicanos e seis monárquicos e agrarios. Segundo recolle Xerardo Dasairas Valsa no seu libro «Memorias da II República en Cangas», «na sesión plenaria do sábado día 18 de abril procederíase á elección de Francisco Eiroa Graña como Alcalde, e de Manuel Nores Sotelo, primeiro tenente alcalde; segundo, Luis Lagoa Soliño; terceiro, Juan Azpeitia Santisteban e cuarto, Alfredo Iglesias Vidal. Primeiro procurador síndico, Lorenzo Corbacho Rodal; segundo, Manuel Otero Ríos; rexedores: José Acuña Rodal, Antonio Sotelo Pardavila, Joaquín Piñeiro González, Tomás Coya Rial, Agustín Portela González, Luis Bolívar Massó, José Paredes Rodas, Matías Villar Sotelo, Benjamín Iglesias Vidal, Agustín Jáuregui Martínez, Diego González Iglesias, Agustín Jorge Etcheverri. Dende o día 21 ordenaríase que a bandeira tricolor ondease nas escolas e nos edificios oficiais, sendo que o lema – Paz, Orde e Traballo -, semellaba ser a consigna dunha ilusionante república que nacía».

*Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas

Ofrenda floral e música para conmemorar a efeméride

A Praza do Concello de Cangas acolleu o acto conmemorativo da proclamación da Segunda República, 95 anos despois, cunha ofrenda floral no Memorial da Liberdade, e cun acompañamento musical. O espíritu republicano seguiu presente na posterior charla coloquio a cargo do investigador e exalcalde bueués Xosé Novas, que presentou o libro «As corporacións republicanas do Morrazo (1931-1936)».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents