Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

A Mostra recibe o seu Premio da Cultura

Nunha paraxe incomparable como a Ribeira Sacra e no claustro do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, a Mostra de Teatro de Cangas recolleu onte un dos oito Premios da Cultura Galega nunha gala co presidente da Xunta

María Armesto e María Xosé "Ché" Mariño na recollida do galardón sobre o escenario no Parador de Santo Estevo.

María Armesto e María Xosé "Ché" Mariño na recollida do galardón sobre o escenario no Parador de Santo Estevo. / Diego Seixo

Cangas/Ourense

María Armesto regresou onte á Ribeira Sacra, ao mesmo lugar no que na década dos 90 rodou Isabel Coixet «A los que aman». Santo Estevo eran entón unhas ruínas, lembra Armesto que onte topouse cun parador nun entorno de gran beleza no que, como directora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) recolleu, xunto a súa compañeira de equipo e vicepresidenta de Xiria, María Xosé Mariño, un dos oito Premios Galegos da Cultura. Os galardóns entregáronse nunha gala no claustro do parador coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; acompañado polo conselleiro de Cultura,José López Campos.

Rueda puso en valor estos premios que cada ano recoñecen a creatividade, o talento e o esforzo de artistas da comunidade que exercen de embaixadores do que significa Galicia Calidade por todo o mundo. Xunto a Mostra, premiada na categoría de Artes Escénicas, foron galardonados, na de Letras, a Editorial Galaxia, que leva 75 anos traballando para difundir as obras en lingua galega; a Bienal de Pontevedra, en Artes Visuais; Bodegas Martín Codax, en Música; á distribuidora cinematográfica Baños Films, en Audiovosual; a compañía «Aquí tamén se fala», en Lingua; ao gaiteiro e artesano Antón Corral, na categoría de Patrimonio Cultural; e ao programa de radio «Sempre en Galicia», na de Proxección Exterior.

«Esta Mostra de Teatro de Cangas que hoxe premian susténtase nunha robusta estrutura de tecido humano, artístico, social e cultural. Naceu cando a democracia ainda estaba no berce e o país buscaba saír do ermo cultural xerado pola brutal ditadura franquista...Herdamos un fantástico legado que, cremos, soubemos recoller e traelo ao século XXI, ampliado, mellorado e coa mirada posta no futuro, nas vindeiras xeracións», manifestou María Armesto sobre o escenario xunto a María Xosé Mariño, cando a presidenta do Consello da Cultura Galega lles entregou o galardón , pola traxectoria de 43 anos da Mostra e referente na escena galega. A directora da MITCFC compartiu o premio coas personas que fundaron a Mostra e que xa non están como Xosé Manuel Pazos, Henrique Harguindey e Maruxa Barrio, coas compañías de teatro galegas, entidades patrocinadoras, grandes empresas e pequeno comercio e tirou de humor para suxerir ó conselleiro que estes premios pasen a ter unha dotación económica.

A alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido (centro), co equipo da Mostra no parador de Santo Estevo.

A alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido (centro), con membros do equipo da Mostra no Parador de Santo Estevo. / Fdv

Na gala estivo a alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido; a portavoz do PP, Loli Hermelo, e integrantes do equipo da Mostra como Casilda Alfaro, Salvador del Río ou Diego Seixo.

Foto de familia do presidente da Xunta Alfonso Rueda con representantes do goberno, cos premiados.

Foto de familia do presidente da Xunta Alfonso Rueda con representantes do goberno, cos premiados. / FdV

Rueda, destacou o bo momento que atravesa o sector cultural, tanto desde o punto de vista creativo como económico. Neste sentido, lembrou que «a cultura representa xa o 3% do Produto Interior Bruto galego» e dá emprego a máis de 35.000 persoas, consolidándose como un ámbito clave dentro do tecido produtivo da comunidade. O presidente da Xunta puxo tamén en valor algúns dos fitos acadados recentemente por creadores galegos, como a candidatura ós Oscar da película Sirat, de Óliver Laxe; o Latin Grammy obtido pola pianista Isabel Dobarro; ou os premios nacionais concedidos á autora Miriam Reyes, á compañía Pistacatro e á bailarina Janet Novás nas categorías de Poesía, Circo e Danza, respectivamente. Ademais, reafirmou o compromiso da Xunta co impulso da cultura, lembrando que os orzamentos de 2026 destinan máis de 110 millóns de euros a políticas culturais, e tamén expresou o desexo de que a Ribeira Sacra acade o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents