In memoriam
Aldán despide a un veciño «comprometido»

Agustín Dacosta. | / Fdv
Antonio Docampo Millán
O pasado domingo finou no pobo de Aldán, Agustin Dacosta Hermelo, uns dos aldaneses máis comprometidos e abnegados que pariu este fermoso pobo mariñeiro. Loitador incansable por mantelo no mapa e darlle visibilidade, Agustín fixo de Aldán un pobo acolledor, humano e sociable, suliñando toda a sua riqueza cultural, social e paisaxística. Quen non se lembra dél como o gran presidente do Rápido Bahia para gloria de todos; daquela Fontaiña o noso gran estadio por aquela época, ubicado no medios dos pinos e eucaliptos, onde as gradas eran pedras, terra e toxos, onde cobrar as entradas era todo unha odisea, onde as taquillas eran catro tablas postas o pe dos camiños que cercaban o campo i é que o eterno presidente facia da necesidade virtude. Quen non se lembra das suas crónicas como colaborador daquel xornal chamado El Pueblo Gallego, alá polos anos 70, na que nos informaba das boas novas, nas que nos facia estar moi orgullosos cando nos veíamos reflectidos no xornal o dia das festas do Carme baixo unha firma que nos costaba Deus e axuda para descrifrala: Agdaer, pseudónimo no que se agochaba para termos informados.
Bondadoso, desinteresado, escéptico cando non lle saían as contas, crítico cos que non se comprometían e adulador cando disfrutaba dás victorias do club dos seus amores. Un home polifacético, tanto che facía un corte de pelo a taza, como che vendía unha estufa ou che facia un café con carajillo incluido. Así era este home que a punto de cumprir 90 anos fixo da conversación e do diálogo a terapia máis apropiada para todos aqueles veciños que día trás dia achegábanse polo seu bar, o a sua perruquería. Vou “ a de Agustín” así era como se expresaban os veciños cando querían falar de algo, unha especie de centro social onde se reunían os máis vellos, e non tan vellos do lugar, para redimir as suas penas e alegrías os seus sorrisos e bágoas; e alí estaba Agustín para recibilos sen peedir nada a cambio.
Acudimos o seu adeus no medio dunha morea de xente, xente que apuraba o seu andar para non quedar fora da igrexa, conscientes do personaxe o que ían darlle o seu derradeiro adeus.
Tan só queda suliñar que onde queira que estés, Agustín, o pobo de Aldán non te esquece. A tarde ameaza chuvia, pero unha nova luz xa brilla no ceo. Descansa en paz.
Suscríbete para seguir leyendo
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla
- Tres heridos tras un choque de dos motos en la N-552 entre Vigo y Redondela
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano