14ª edición do Citeamor
Unha ducia de citas co teatro afeccionado no Morrazo
O pregón de Rosa Gantes abre este martes, ás 20.00 horas no Auditorio de Cangas, o Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (Citeamor), con dez espectáculos e lecturas dramatizadas, cada semana ata o 26 de maio.

Pilar Ferrari, Xoán Carlos Riobó, Araceli Gestido e Xiana Abal, esta mañá na presentación do cartel. / G.Núñez
Dous meses de espectáculos de teatro afeccionado, cada semana, cunha ducia de grupos participantes son características que fan único ao Citeamor, que este martes abre o telón no Auditorio Municipal Pazos Varela, de Cangas, co pregón inaugural da autora Rosa E. Gantes (20.00 h.) para dar paso a Ocupando Espazos, con «VOZ (k)AVIL».
Será a primeira das dez representacións programadas neste ciclo que organiza a Asociación Cultural A Cepa coa colaboración do Concello de Cangas e aportación económica da Deputación, que se fai cargo do custe de tres das representacións (Mulleres de Moaña, Teatro de Aras e Charaviscas).
O martes 14 será o turno de Luzazul, con «Zyranxs», e o día 21 haberá sesión dobre na Capela do Hospital con teatro en pequeno formato: o Grupo EU Experimento, do centro Camôes-CCP Vigo porá en escena «A ceia dos Cardeais», e a continuación Teatro das Aras, «Reencontro».
A última sesión de abril, o día 28, haberá unha sesión de lecturas dramatizadas na sala de exposicións do Auditorio, en galego e portugués. Participan a Escola de Teatro de Cangas e o Camôes-Centro Cultural Portugués em Vigo, co texto «A importáncia de se chamar António», de Xacobe García.
En maio, o Citeamor ofrece cinco citas. O martes 5, Mulleres de Moaña representará «A casa de Bernarda Alba»; o venres 8, Duplace-Companhía das Artes de Ponte de Lima presenta «Os mendigos». O día 12 será o turno de Teatro Charaviscas, con «Figurantes», e o martes 14 chegará outra sesión dobre coas representacións de «Lixocho», polo Colexio Eduardo Pondal, e «Cousas de maiores», polo IES As Barxas. Furafollas Teatro subirá ao Auditorio de Cangas o 19 de maio con «Os do Freixo», e o 26 de maio haberá unha acción no hall de entrada co Grupo de Movemento Inclusivo, antes de que Teatro Aberto peche a 14ª edición do Citeamor con «Suspéndese a función».
A organización tamén ten previstos dous cursos de formación, un deles de sombras a cargo do mestre Eduardo Rodríguez Cunha, «Tatán». O outro está por concretar, segundo anunciaron Pilar Ferrari e Xoán Carlos Riobó, de A Cepa, acompañadas pola alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, e a concelleira de Cultura, Xiana Abal, esta mañá na presentación do cartel.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta lanza un plan para atajar el fraude en las bajas laborales en Galicia, que en total son 70.000 al día y suponen unas pérdidas de 2.200 millones de euros
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo
- La gallega Mobify prepara su desembarco en Vigo: una flota de cien vehículos, modelo 'carsharing' y precios desde 0,29/km
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»
- La Xunta ampliará el alcance de la ayuda anual de 5.000 euros del Bono Coidado para dependientes a otras 10.000 familias
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Un accidente múltiple en la AP-9 en Vigo deja seis heridos, uno de ellos grave
- Roberto Verino se abre a un socio industrial a través de la venta de casi el 40% del capital para asegurar el relevo generacional