Servizos sociais
Fogares que cambian vidas de adolescentes
«Arela busca familias no Morrazo para adolescentes en momentos clave». É a mensaxe que envían Julio Barreiro e Eva Piñeiro, membros desta asociación que recibe o apoio de Cangas e Moaña ao programa «Convive.comigo»

Eva Piñeiro, Julio Barreiro, Araceli Gestido e María Sanluís, onte en Cangas. / G.N.
CONVIVE.COMigo é unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia que busca persoas e familias dispostas a convivir temporalmente con adolescentes que deben cumprir unha medida xudicial, explicaron Julio Barreiro e Eva Piñeiro nunha reunión que mantiveron onte no Concello de Cangas coa alcaldesa, Araceli Gestido, e a concelleira Benestar Social, Igualdade e Accesibilidade de Moaña, María Sanluis, que trasladaron o respaldo municipal para difundir esta iniciativa que «vai máis alá dunha alternativa residencial: aposta por xerar contornas de convivencia estables, próximas e normalizadas nun momento especialmente delicado da vida destes mozos e mozas», explican os promotores.
O obxectivo é claro, «que a experiencia de vivir nun fogar se converta nun espazo real de aprendizaxe vital e emocional, capaz de marcar un antes e un despois na súa traxectoria», suliñan. Trátase de mozos e mozas «que precisan referentes, vínculo e unha oportunidade para reconducir a súa historia nun momento clave das súas vidas”, sinalan os representantes de Arela. Para facelo posible, o programa garante ás persoas e familias participantes formación e valoración previas, acompañamento continuo por parte dun equipo profesional especializado e mesmo compensación económica que facilita asumir este compromiso temporal con alta dose de solidariedade.
Desde os concellos de Cangas e Moaña –a concelleira de Bueu Laura Ogando non puido asistir ao encontro por motivos laborais– valorouse positivamente a iniciativa, destacando a importancia de implicar á comunidade na resposta á adolescencia en situación de conflito social. En Cangas hai unha familia que colabora desde hai anos neste programa, e outra en Moaña, ainda que en baixa temporal por motivos particulares. Calquera colaboradora pode «activarse e desactivarse» en calquera momento por diferentes razóns, apuntan.
Arela fai un chamamento a persoas «con sensibilidade social, estabilidade e disposición para implicarse nunha experiencia que, aínda sendo temporal, pode ter un impacto profundo». Para contactar co programa e solicitar máis información pódese enviar correo a convive@arela.org ou chamar ao teléfono 604038672.
A asociación Arela ten como misión «o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social, fomentando iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen», destacan. Na actualidade contan con 10 centros do sistema de protección e sistema de conflito penal xuvenil.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra