Alugueiro social
AV pide falar co IGVS e a Sareb para recuperar as viviendas de A Regueira
«Ábrese unha oportunidade que Cangas non pode deixar escapar» tras a subasta deserta

Viviendas a medio construir en A Regueira, Darbo. / Santos Álvarez
Alternativa dos Veciños (AV) vén de solicitar formalmente unha reunión coa Sareb e co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para «explorar vías» que permitan incorporar as vivendas da Regueira ao parque público de alugueiro. Esta iniciativa prodúcese tras saber que a subasta destas vivendas quedou deserta e os inmobles seguen en mans da Sareb. Para AV, esta situación «abre unha oportunidade que o Concello de Cangas non pode permitir perder», e lembran que leva anos traballando nesta liña, pois en 2022 presentaron un Plan de Vivenda no que se contemplaba a recuperación da urbanización da Regueira como unha bolsa de vivenda accesible para mocidade e familias. En marzo de 2024, insistiron nesta necesidade mediante unha moción plenaria, que se reiterou en 2026 co apoio da veciñanza.
«Non estamos ante unha proposta nova, senón ante unha oportunidade real de levar á práctica o traballo que vimos defendendo desde hai anos”, sinala a edila Victoria Portas. Di que Cangas sofre dificultade de acceso á vivenda, un mercado de alugueiro tensionado e prezos que dificultan a emancipación e a permanencia da veciñanza no municipio. Consideran que as vivendas da Regueira, inacabadas, «poden converterse nun recurso clave para crear unha bolsa municipal de alugueiro accesible».
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Portugal arranca los trabajos del AVE desde Oporto y coloca la «primera estaca»