Comercio
Fecimo e o seu «Sinte o Weltanschauung» reparten 900 euros
Este ano a novidade será unha «Caza do tesouro» en Moaña, con outros 600 euros

O cartel da campaña de Fecimo. / Fecimo
D.García
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) pon en marcha un ano máis a súa campaña de dinamización comercial de primavera co lema de «Sinte o Weltanschauung do Morrazo» e coa que está previsto repartir ata 900 euros en premios. A iniciativa será do 1 ao 30 de abril e as persoas que realicen compras por un importe superior a 10 euros nos comercios adheridos á campaña recibirán unha tarxeta cin código alfanumérico, que deberán rexistrar na web comerciodomorrazo.com.
O termo «Weltanschauung» procede do alemán e está recollido no diccionario da Real Academia Galega. Fai referencia a unha forma de concibir o mundo e a vida, «evocando así unha identidae compartida e un sentimento de pertenza á comarca». O obxectivo de Fecimo é reforzar o espírito de unidade e resiliencia do tecido comercial e animar á veciñanza a apostar polo comercio local de proximidade.
Como novidade e actividade destacada este ano vaise organizar unha «Caza do tesouro», os días 8 e 9 de maio en Moaña. Trátase dunha proposta aberta a toda a cidadanía e deseñada para dinamizar as rúas e dar visibilidade ao comercio asociado de Moaña. As persoas que se inscriban deberán resolver diferentes enigmas, pistas e pequenas probas, que as levarán dun establecemento a outro. Cada un dos locais será unha especie de estación dentro deste percorrido, ofrecendo unha pista vinculada á súa actividade, á historia local ou ao espírito da campaña.
Durante esta actividade repartiranse 600 euros en premios entre quenes completen o percorrido e superen todas as probas. O acto final desta campaña terá lugar o sábado 9 de maio no palco da música, no entorno da praza de abastos de Moaña.
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla