Cultura
Moaña lembra cun acto de repudio os 50 anos do Golpe en Arxentina
Celébrase hoxe ante a placa das Nais Praza de Maio fronte ó porto
A Asociación Cultural Irmandade do Dolmen, en colaboración co Concello de Moaña, organiza hoxe mércores, un acto de repudio ao Golpe de Estado xenocida en Arxentina (1976-1983) e lembranza dos 30.000 detidos desaparecidos pola ditadura militar.
O evento terá lugar ás 19:00 horas na Praza Nais de Praza de Maio, a poucos metros do porto de Moaña, un espazo que simboliza o vínculo histórico e de solidariedade entre o pobo de Moaña e a loita polos dereitos humanos, neste caso, na Arxentina.
Recordarase a histórica pegada que deixou a visita de Hebe de Bonafini, presidenta da Asociación Madres de Plaza de Mayo, a Moaña en 1998. Invitada polo alcalde Xabier Abalo, Bonafini descubriu a placa na honra da organización de Nais que loce na «Praza das Nais de Praza de Maio» e asinou o Libro de Honra do Concello. No acto participarán a alcaldesa Leticia Santos, Luis Chapela, presidente da Irmandade do Dolmen e militante da memoria histórica; Xan Leira, director de cinema e investigador da memoria histórica; e Juanma Ons, músico, que porá a nota musical á homenaxe.
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- El ambicioso plan de la nueva ETEA coge impulso en Vigo, pero con mucha tarea por delante: los primeros hitos no se verán hasta un cuarto de siglo después del adiós de los militares