Entrevista | Stephy Llaryora Actriz en «Señores»
«Todos somos vítimas dun sistema cunhas ríxidas expectativas de xénero»
A compañía De Ste Xeito Producións presenta hoxe no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas «Señores», unha comedia ironicamente «machirula» con Pepa Barreiro, Nadia Domenech, Ana San Fernando e Stephy Llaryora

As actrices protagonistas de «Señores». De esquerda á dereita: Pepa Barreiro, Nadia Domenech, Ana San Fernando e Stephy Llaryora. / Juan Ramilo e Tere Freiría
Pepa Barreiro, Nadia Domenech, Ana San Fernando e Stephy Llaryora son as catro protagonistas de «Señores», unha comedia que se presenta hoxe sábado no Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas (ás 20.00 horas e con entradas en ataquilla.com e dúas horas antes do espectáculo na billeteira do auditorio). Catro mulleres, que interpretan a unha nai e as súas tres fillas, que son tres trimelgas trivitelinas concebidas nunha noite de liberación sexual.
-Chegan a Cangas despois de dúas funcións en Vigo, creo que con entradas esgotadas, e nunha semana con presentacións en Mondariz e O Barco. Entendo que esta representación en Cangas era parada obrigada, tendo en conta que a acción transcurre nun espazo que presentan como a casa familiar das protagonistas en Cabo Home.
-A verdade é que para nós Cangas é un referente pola calidade da súa programación e pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCF). Sempre é una parada obrigatoria: case todas as nosas propostas estiveron no Auditorio Xosé Manuel Pazos. E neste caso con máis motivo se cabe, porque no reparto está Pepa Barreiro, que é de Cangas, e a acción transcorre en Cabo Home.
-Presentan «Señores» como unha comedia «machirula» e a estrea coincide co mes de marzo, no que se celebra o Día Internacional da Muller ou 8-M. Unha coincidencia intencionada?
-Todos os nosos espectáculos levan un subtítulo (Neura: Unha comedia neurótico-festiva, Feminíssimas: Unha Comedia Violeta etc… ). Neste caso parecéunos axeitado e divertido subtitular «machirula» una comedia feminista na que as mulleres fan de homes. O feito de estrear preto do 8M foi una consecuencia lóxica ao tratarse dunha proposta feminista e atendendo tamén aos prazos de produción.
-O título e a sinopse da obra aluden ou parecen inspirarse nunha canción de Venga, Bea e de Xabi Piñeiro, que tamén se encargan da parte musical. Unha canción que di: «Señores me dicen cómo vivir/ Señores me dicen cómo pensar/ Señores me dicen cómo actuar/ Señores me dicen cómo vestir/ Señores me explican cosas que sé/ Señores me dicen lo que tengo que hacer/ Señores que saben cómo es ser mujer/ Señores señoreando otra vez...» Que foi antes: a canción ou a obra de teatro?
-A canción xa existía en castelán, as veces suceden estas coincidencias temáticas entre as artes. Cando descubrimos un tema que cadraba dun xeito tan exacto contactamos con Xabi e Bea e chegamos a un acordo con eles para que traduciran a canción, lanzándose o single en galego e convirtíndose na banda sonora da peza.
-Sobre as táboas estarán catro mulleres: unha nai e tres irmás trixemelgas. Amais desa relación de familiar, cal é o fío que une a existencia destas mulleres que presentan como diferentes entre sí? Son eses «señores» cos que se foron cruzando no camiño da vida?
-O fío que une ás catro mulleres é a propia relación familiar que constitúe un dos eixos fundamentais da peza: as inquedanzas, afinidades, diferenzas, desexos, segredos que teñen por si mesmas e que se desenvolven na acción. Por outro lado, están as diferentes relacións que cada unha delas tivo ou ten con diferentes homes e que dramaturxicamente nos serven para mostrar os diferentes posicionamentos masculinos ante a muller e os movementos en prol da igualdade.
-Máis alá da ironía da comedia «machirula», definen «Señores» como unha comedia feminista, onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres. E certamente fóra do escenario hai mulleres que asumen na vida un discurso claramente machista para decirlle a outras mulleres como deben vivir. Case parece traxicómico. Quenes son peores: os «señoros» ou as señoras con pel de «señoros»?
-Non hai mellores nin peores porque todas e todos finalmente somos vítimas dun sistema patriarcal que leva aparelladas unhas ríxidas expectativas de xénero. O noso obxetivo nesta función é parodiar e reflectir as situacións que habitualmente atopamos coma mulleres nas nosas relacións cos homes.
-Hai uns días facíanse públicos os datos do «Barómetro de Juventud y Género 2025», que deixaban conclusións preocupantes, como o forte descenso dos mozos que se consideran como feministas ou a idea de que a sociedade «pasouse de freada». Que creen que falla para que rexistremos ese retroceso e que poden facer expresión artísticas como o teatro para plantar batalla?
-Preocúpanos este retroceso que sinala, claro… De feito unha das nosas personaxes emprega estes termos de «pasarse de freada» que nós parodiamos. As artes escénicas son unha plataforma para xerar pensamento crítico e movilizar á sociedade dende un ángulo interactivo e vivo. Cremos que pezas coma esta, que emprega o humor como código, poden constituir un vehículo que favorezca a reflexión e a consciencia.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra