Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día da Poesía

Bueu na homenaxe a Queizán

A Real Academia Galega brindou esta semana unha homenaxe a María Xosé Queizán, na que participou a poeta de Bueu Míriam Ferradáns

María Xosé Queizán, segunda pola esquerda, e Míriam Ferradáns, primeira pola dereita, na homenaxe "A escrita sen límites", esta semana en Vigo.

María Xosé Queizán, segunda pola esquerda, e Míriam Ferradáns, primeira pola dereita, na homenaxe "A escrita sen límites", esta semana en Vigo. / Pedro Mina

Bueu

A Real Academia Galega (RAG) vén de brindarlle en Vigo unha homenaxe a María Xosé Queizán co gallo do Día da Poesía. Un recoñecemento titulado «A escrita sen límites» e no que trece voces literarias galegas escolleron e reflexionaron sobre algúns dos poemas da autora viguesa. Entre esas voces estaba a da poeta Míriam Ferradáns, de Bueu.

A poeta de Bueu Míriam Ferradáns durante a súa intervención na homenaxe a María Xosé Queizán no acto "A escrita sen límites".

A poeta de Bueu Míriam Ferradáns durante a súa intervención na homenaxe a María Xosé Queizán no acto "A escrita sen límites". / RAG

«Graus no nariz/ pelos nas coxas/ gorduras nos cadrís./ Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir./ O poeta ama a perfección/ non te ama a ti./ Es idealización/ mito/ metáfora da metáfora./ De non seres perfecta como te amarían». Este poema, titulado «Metáfora da metáfora» (1991), foi o escollido por Míriam Ferradáns para o seu recoñecemento a María Xosé Queizán. «Con este poema evidencia que a literatura clásica non ama á muller concreta, histórica e corpórea, senón unha proxección sublimada», explicou Ferradáns, que suliñou que esa idealización feminina «lonxe de ser unha forma superior de admiración, revélase como un mecanismo de invisibilazión e deshumanización da muller».

Por iso eloxiou a escrita de María Xosé Queizán, que a través deste poema artella unha «invitación a existir fóra do desexo proxectado polos outros e a reclamarnos como seres íntegros, amables. Verdadeiros», defendeu Míriam Ferradáns.

Tracking Pixel Contents