Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Conto musicado "A mellor sopa do mundo", este mércores no auditorio do IES As Barxas de Moaña

Será interpretado polos alumnos da Escola Municipal de Música

R.M.

O programa de ocio infantil e familiar en galego do Concello de Moaña, Rechouchíos, programa para este mércores 18, ás 18.00 horas no salón de actos do IES As Barxas, o conto musicado "A mellor sopa do mundo" a cargo dos alumnos da Escola Municipal de Música. O espectáculo narra a historia duns animaliños do bosque que van chegando a unha cabana na que elaboran unha sopa cos ingredientes que cada un vai achegando. O resultado é unha sopa musical feita sobre a marcha con ingredientes como a amizade ou a colaboración.

Ademais este espectáculo empregarase dentro do programa para colexios Aprende Moaña, polo que pasarán ao longo de toda a mañá do mércores os estudantes de 3º de Primaria de todos os colexios.

Tracking Pixel Contents