Entrevista | Santiago Cortegoso e Marián Bañobre Actores e fundadores da compañía Ibuprofeno
«Moitas veces a dureza desta profesión non se ve desde fora»
Parella na vida real e no teatro e fundadores da compañía Ibuprofeno Teatro, este sábado representan «Bio construción» no Auditorio Municipal de Cangas (20.00 horas)

Marián Bañobre e Santi Cortegoso.
-Como se leva ser parella no teatro e na vida real?
-Ben. As compañías «de matrimonio» son unha fórmula histórica que ten cousas a favor e en contra. Evidentemente, compartir tanto tempo e traballo é un reto, pero nós traballamos ben xuntos. Complementámonos. Entendémonos e temos moita bagaxe en común. Moitas veces dicimos a mesma idea ao mesmo tempo. Hai unha conexión. Tamén facemos moitos proxectos por separado. Mantemos a nosa creatividade e traxectoria a nivel individual..
-Marián é de Ferrol, Santiago de Domaio, viven en Caldas, teñen a compañía en Ames e Catoira...e non paran. Caldas é ese lugar remoto para ambos os dous?
-Os protagonistas desta peza foxen a un lugar remoto para construíren a súa propia casa. Íllanse do mundo. Son unha parella que fai teatro, pero non somos nós. Non é unha obra de autoficción nin biográfica. É teatro do absurdo. É unha historia metafórica que fala de teatro, pero tamén da inxustiza do mercado inmobiliario, do éxito e do fracaso na vida (non só dos teatreiros), do esforzo e da loita polos obxectivos. É unha comedia existencialista.
-Coma naceu Ibuprofeno?
-Nós levabamos anos traballando como actor e actriz noutras compañías. Santi comezou a desenvolver un traballo moi intenso como autor. Marián quería asumir personaxes máis complexos. Apareceu un proxecto que foi fundacional, sen sabelo naquel momento: A filla de Woody Allen. Decidimos montala pola nosa conta, como unha experiencia e unha investigación. Aí naceu unha forma de crear, unha linguaxe propia que se foi desenvolvendo cos anos. Os espectáculos foron funcionando e aquí estamos. u
-Son xa 16 anos que me imaxino cheos de anédotas, alegrías ou decepcións. Que cambiarían e que non cambiarían?
-Manter unha compañía é moi complicado. O traballo do día a día é duro e exixe asumir tarefas que non son artísticas: produción, vendas, administración... Hai unha presión continua por manternos e sobrevivir, porque nos movemos na precariedade, nun contexto que non axuda o suficiente. É un prezo que hai que pagar por levantar os proxectos que nos interesan. Esa é a parte positiva. Sen a compañía, non teriamos desenvolvido a traxectoria que levamos. Cambiariamos o contexto institucional e a aposta desde o eido político pola cultura.
-En «Bio construción» tocan o tema tan actual da vivenda e o brutal capitalismo desde o absurdo que reina nos espectáculo da compañía. Como xurdiu o espectáculo?
-Naceu dunha anécdota cotiá, como tantas outras veces. Santi elucubrou coa idea dunha parella que se pon a facer unha casa coas súas propias mans, e, como non saben, botan toda a vida e non rematan nunca. É un punto de partida sinxelo, pero que encerra reflexións profundas. Este impulso inicial desenvolveuno no programa Cruzamentos de Camiño Escena Norte e rematouno de escribir nas residencias literarias da Illa de San Simón. Foi un proceso de tres anos. Co texto xa escrito, desenvolvemos en común a posta en escena, a configuración do equipo...
-Na obra, a parella decide deixar o teatro e irse a un lugar remoto a construir esa casa coas súas mans. Deixarían nalgún momento o teatro?
-Sinceramente, moitas veces non nos faltan ganas de dimitir e dedicarnos a outra cousa. A paixón polo teatro está aí, pero o desánimo tamén é algo cíclico. Sobre todo polas condicións materiais, a precariedade. Se cadra, agora xa somos demasiado maiores para comezar outra cousa. Igual non valemos máis que para isto. Esta é unha profesión moi fermosa, pero está marcada por unha dureza que moitas veces non se ve desde fóra.
-«Bio construción» chega tras o espectáculo de gran formato «Reconversión», sobre a loita sindical na ría de Vigo. Que lles supón que sexa nominado con tres candidaturas ós premios Max e con 11 finalistas ós Premios María Casares?
-«Reconversión» foi e é un esforzo moi grande a nivel persoal e para a compañía. Unha obra de oito actores, con dez persoas en xira, supón un esforzo económico e artístico tremendo. Que o espectáculo estea funcionando e reciba recoñecemento é unha satisfacción grande e fainos pensar que paga a pena. Esperemos que estes recoñecementos axuden a que o espectáculo teña máis función e se poida ver máis. Isto tamén axudaría á estabilidade económica da compañía.
-No espectáculo de hoxe están acompañados pola violonchelista Macarena Montesinos. Por que optaron polo violonchelo e como chegaron a Macarena?
-Nos últimos proxectos estamos apostando por incorporar música en directo nos espectáculos, interpretada polos propios actores ou por persoas músicas. Cando comezamos co proxecto, pensamos na posibilidade de incorporar un instrumento que ambientase os momentos poéticos da función, que teñen que dar a idea de paso do tempo. A obra transcorre ao longo de trinta anos. A Macarena coñeciámola porque compartiramos unha experiencia nun obradoiro hai anos. Intuitivamente, pensamos que o violonchelo podía ser ideal. E ela en concreto é unha achega importantísima, pola súa presenza en escena, e a creatividade que ten, facendo a música durante os ensaios, a partir das nosas accións.
n
Suscríbete para seguir leyendo
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo