Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Accións formativas

Últimas prazas para un curso de xestión administrativa en Cangas

A actividade formativa, de 958 horas, é oficial e gratuíta, e inclúé prácticas en empresas

Actividades de formación para o emprego en Cangas | FDV

Actividades de formación para o emprego en Cangas | FDV

G.M.P.

O Concello de Cangas vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia para realizar unha nova acción formativa AFD do certificado profesional de “Actividades de Xestión Administrativa”, con 958 horas lectivas, como a que xa se está a impartir na Casa de Oficios desde o pasado mes de outubro. As persoas interesadas aínda poden inscribirse ou solicitar máis información enviando un correo co seu nome, apelidos e teléfono de contacto a casadeoficios@cangas.gal. A modalidade tamén vai ser presencial, con formación na Casa de Oficios e posterior formación en empresas (220 das 958 horas), e ademais de ser oficial e gratuíta o alumnado pode pedir axudas económicas segundo as circunstancias concretas.

Tracking Pixel Contents