«Eleitas no local, unha voz global»
A alcaldesa de Cangas participa esta semana en Cabo Verde no Encontro de Mulleres Autarcas
Celebrarase o xoves e venres na vila de Praia, promovido polo Fondo Galego de Cooperación

Cartel do Encontro. | FDV
G.M.P.
Baixo o título «Eleitas no local, unha voz global» celébrase esta semana na localidade de Praia, en Cabo Verde, o «II Encontro Internacional de Mulleres Autarcas», promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e no que participa a alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, xunto con outras representantes públicas de Galicia, Mozambique e Cabo Verde. O xoves 12 pola mañá será a asamblea constituínte da Rede de Mulheres Autarcas Cabo-Verdianas ((RMACV), aprobación da axenda de traballos e elección de titulares dos órganos sociais. Pola tarde, cerimonia de apertura do Encontro, conferencia inaugural, «As mulleres no poder», a cargo de Joana Rosa, ministra de Xustiza de Cabo Verde, e mesa de traballo sobre «Mulleres na política local: barreiras, oportunidades e leccións aprendidas en Cabo Verde, Mozambique e Galicia». O venres 13, segunda xornada do Encontro, que comezará coa mesa sobre «Boas prácticas municipais con enfoque de xénero», seguirá con «Elaboración de políticas locais e orzamentos municipais sensibles ao xénero", conclusións e «Declaración na Praia» e visita á cidade, previo ao xantar de confraternidade nun restaurante da localidade.
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»