Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lingua

Todos os estudantes moañeses comezan o reto «21 días en galego»

As primeiras actividades foron onte, sobre a importancia do idioma nas redes sociais

As actividades comezaron onte polos institutos.

As actividades comezaron onte polos institutos. / FdV

Redacción

Moaña

Os estudantes de todos os centros educativos de Moaña comenzan hoxe a campaña 21 días en galego na que se cormpometen a falar na lingua propia en todos os eidos da súa vida ata o 23 de marzo. Onte xa comezaron nos institutos as charlas arredor deste reto, neste caso sobre o emprego do galego nas redes sociais.

A novidade nesta séptima edición do reto promovido polo Concello é que repartirá entre os participantes unhas pulseiras de tea deseñadas con catro cores diferentes de fondo, cada unha cunha expresión propia e identificativa do Morrazo: «Fasemos ghasolina?»; «Faser a ghodalla nunca falla!»; «Non me deu a virada!»; e «Estou aquí sacando un changhüí».

Entre a morea de actividades previstas están os obradoiros de regueifa e o V Encontro Escolar de Poesía Improvisada que será o mércores 15 de marzo para os estudantes de 5º de Primaria. Os de 6º de Primaria participarán en obradoiros sobre as similitudes do galego e do portugués. En 3º de ESO impártense as charlas sobre o galego nas redes sociales, a cargo do colectivo Orgullo Galego. Salientan a importancia das redes para espallar o contido na lingua propia.

Os estudantes de 1º de Bacharelato, pola súa banda, verán desmontado o prexuíxo da falta de utilidade do galego coñecendo como facilita o acceso ao mundo lusófono.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents