Cultura
Moaña vive a estrea da Xota da Soidade na homenaxe a Rosalía en Domaio

Moaña vive a estrea da Xota da Soidade na homenaxe a Rosalía en Domaio | S. ÁLVAREZ
A poetisa Rosalía de Castro ten en Domaio un recuncho, un pequeno mausoleo nun centro sociocultural que leva o seu nome e ten unha escultura que a lembra. Todos os anos, no aniversario do seu nacemento o 23 de febreiro de 1837, o Concello de Moaña ríndelle unha homenaxe e onte fíxose a ofrenda floral ante a súa escultura e houbo actuacións teatrais e muscais. As mulleres de Poza da Moura fixeron a ofrenda coas camelias da parroquia, e interpretouse o himno galego.

Moaña vive a estrea da Xota da Soidade na homenaxe a Rosalía en Domaio | SANTOS ÁLVAREZ
Foi un serán rosaliano coa participación teatral de Os Quinquiláns e o músico Luis O Caruncho, actuou Charaviscas Teatro, cantareiras Arco da Vella, recitou a edil Coral Ríos e tamén houbo tempo para estreas, como a da Xota da Soidade, adicada á poetisa, e creada polo mestre da Escola de Música Tradicional de Moaña, Manuel Carballo Pastoriza. Foi interpretada polas mulleres de Moaña.
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Final feliz a cuatro días en altura
- Cangas instalará cámaras de control de tráfico urbano y supervisará la rotación de coches aparcados
- Abal prepara un giro radical en las Fiestas del Cristo de Cangas
- La Xunta tramita un nuevo camping rústico en Bueu: ocho cabañas en Cela
- BNG y PSOE abandonan al Alondras y encarecen el comedor escolar, denuncia el PP
- Costas permite al Concello intervenir en el paseo de Rodeira
- Muere Manuel Currás Gayo, Roque, pionero de las traídas comunales en Meira