Música tradicional
Foliada-vermú mañá no Aturuxo

Unha foliada anterior de Arredor da Tradición. | A.T.
Redacción
O grupo de traballo bueués Arredor da Tradición celebra mañá a quinta edición da súa foliada-vermú no Aturuxo, a partir das 12.00 horas.
A actividade comezará cunha charla de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio ao redor dalgúns dos proxectos de investigación sobre os que traballaron nos últimos meses. Nesta ocasión será sobre as rúas e ruadas na Terra de Caldas, un tema que abordan con tres mulleres informantes da parroquia de Cordeiro (Valga) e que inclúe unha peza documental titulada «Mozas da miña aldea», subvencionada pola Deputación de Pontevedra e a piques de estrearse.
Tras a charla será o momento do baile e música tradicional e desde Arredor da Tradición adiantan que nesta ocasión contarán coa presenza de dúas veteranas pandeireteiras e bailadeiras de Aboal, en Mondariz.
- La Sareb, como acreedora de la deuda, se queda con los chalés de A Regueira
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Final feliz a cuatro días en altura
- La Policía evita que la pareja de O Real okupe otra casa en Touzal
- Una manada de hasta seis caballos llega hasta la autovía en Meira
- Detenida la pareja okupa de Moaña por entrar en una casa habitada en Meira
- Abal prepara un giro radical en las Fiestas del Cristo de Cangas
- Pontevedra pide dos meses de veda en el pulpo y poner límites al resto de artes