Bueu e Moaña celebran o Día de Rosalía
A Biblioteca Torrente Ballester acolle ás 18.00 horas o contacontos “Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos…”
Queremos Galego Moaña organiza un recitado da obra da poeta no salón de plenos, a partir das 20.00 horas

Un contacontos con Raquel Queizás dentro dos actos do Día de Rosalía en Bueu o ano pasado. / Fdv
REDACCIÓN
O Concello de Bueu e Queremos Galego Moaña organizan diversos actos culturais co gallo do Día de Rosalía que se conmemora hoxe. No caso de Bueu, a partir das 18.00 horas de hoxe haberá un contacontos con Caxoto na Biblioteca Torrente Ballester, baixo o título de “Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos…”. Esta actividade propón un percorrido pola traxectoria vital e literaria de Rosalía de Castro, conectando o seu legado coa obra das poetas galegas da actualidade e coa narración oral como eixo central. A segundo evento será o xoves 26, ás 19.30, coa presentación do poemario que gañou o XXVIII Premio de Poesía Johan Carballeira, que convoca o Concello de Bueu: “Réquiem”, de Eugénio Outeiro Lojo. O autor estará acompañado da poeta Silvia Penas e do director de Edicións Xerais, Fran Alonso.
En Moaña Queremos Galego organiza un recitado público da obra de Rosalía, ás 20.00 horas no salón de plenos. Os obxectivos son poñer en valor o papel da poeta como defensora e impulsora da lingua e promover a participación masiva no grande acto de Santiago do 14 de marzo no que culmina o «Proceso Lingua Vital». Haberá autobús dende Moaña. En Queremos Galego participan 25 colectivos da vila. No recitado participarán integrantes do SD Samertolaméu de Remo, de Sueste, da Anpa A Muralla-Abelendo, la Lonxa Literaria, da Agrupación Nós ou de Charaviscas entre outros. n
- Cangas instalará cámaras de control de tráfico urbano y supervisará la rotación de coches aparcados
- Moaña celebrará una Festa Cubana con música, baile y gastronomía el proximo sábado 14 de marzo
- La subasta de la urbanización de A Regueira en Cangas, a punto de quedar desierta por falta de pujas
- BNG y PSOE abandonan al Alondras y encarecen el comedor escolar, denuncia el PP
- La Policía requisa un cuchillo de gran tamaño en una reyerta en la calle Real
- Colisión entre una furgoneta y una motocicleta en el centro de Bueu
- Una mujer herida tras ser arrollada en un paso de cebra de Pedra Alta
- Adiós a Rubia, la cabra de Bueu en Gran Hermano