Andaina Cívica
O Eduardo Pondal móvese pola Paz
Tras dous aprazamentos, as borrascas deron tregua e o colexio Eduardo Pondal puido celebrar onte a súa 5ª Andaina Cívica, na que participaron arredor de 200 alumnos e mestres, con epicentro no Sinal

Todas e todos xuntos representaron a paz a través da súa unión, formando un corazón no centro. / FdV
«Hoxe conmemoramos o Día da Non Violencia e a Paz porque desexamos un mundo sen guerras, sen violencia, sen armas e sen barreiras, para que todos os nenos e nenas do mundo vivan sen medo, en liberdade e rodeados de amor». Así se manifestaron os arredor de 200 alumnos e mestres do colexio Eduardo Pondal que participaron onte en Cangas na 5ª Andaina Cívica baixo o lema «A paz está en ti» e co obxectivo de dar conta de que «cada un de nós ten a paz no seu interior».

Parte do alumnado e profesorado participante na Andaina Cívica. / FdV
A comitiva partiu do centro educativo en Darbo a primeira hora da mañá, camiñando (agás os máis pequenos, que baixaron en autobús) ata os xardíns do Sinal, no centro urbano de Cangas, donde leron o manifesto redactado polo alumnado de 4º de Primaria. Entre todas e todos representaron a paz a través da súa unión, formando un corazón xigante na pista deportiva ao que convidaron a familiares que se apuntaron á iniciativa. Tamén leron poemas de Gloria Fuertes: «Basta con una mano para matar./ Necesitamos dos para acariciar,/ dos para aplaudir,/ todas las manos del mundo para la paz».

Lectura do manifesto e moita diversión na xornada do Pondal. / FdV
Houbo tempo para a música, cunha canción propia e outras que partían dos altofalantes habilitados polo Concello, trala petición que lle trasladou días antes unha delegación de alumnos á alcaldesa, Araceli Gestido. Como cada ano, tamén houbo colaboración de Aspamsim, «porque sen todos eles non poderiamos organizar este evento tan importante para nós».
Suscríbete para seguir leyendo
- Una mujer «Spider-Man» que trae de cabeza en Moaña
- Final feliz a cuatro días en altura
- Abal prepara un giro radical en las Fiestas del Cristo de Cangas
- La Xunta tramita un nuevo camping rústico en Bueu: ocho cabañas en Cela
- BNG y PSOE abandonan al Alondras y encarecen el comedor escolar, denuncia el PP
- Costas permite al Concello intervenir en el paseo de Rodeira
- Bueu paraliza un cambio de ventanas en un edificio al estar en servidumbre
- Muere Manuel Currás Gayo, Roque, pionero de las traídas comunales en Meira