Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bueu celebra o Día de Rosalía cun contacontos infantil e coa presentación do poemario gañador do Premio Johan Carballeira

As actividades serán o luns 23 e o xoves 26 na Biblioteca Torrente Ballester

Eugénio Outeiro Lojo, segundo pola dereita, recolle o Premio Johan Carballeira de Poesía no acto celebrado no salón de plenos do Concello de Bueu.

Eugénio Outeiro Lojo, segundo pola dereita, recolle o Premio Johan Carballeira de Poesía no acto celebrado no salón de plenos do Concello de Bueu. / Santos Álvarez

Bueu

O Concello de Bueu organizará un contacontos e unha presentación literaria para celebrar o Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro luns 23 de febreiro. Os dous eventos serán na Biblioteca Torrente Ballester e teñen como obxectivo poñer en valor as letras e cultura galega.

O propio luns 23, a partir das 18.00 horas, haberá un contacontos infantil de Caxoto baixo o título de “Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos…”. Esta actividade propón un percorrido pola traxectoria vital e literaria de Rosalía de Castro, conectando o seu legado coa obra das poetas galegas da actualidade e coa narración oral como eixo central.

A segunda das citas será o xoves 26, ás 19.30 horas, coa presentación do poemario que gañou o XXVIII Premio de Poesía Johan Carballeira, que convoca o Concello de Bueu. Trátase de “Réquiem”, de Eugénio Outeiro Lojo e que estará acompañado da poeta Silvia Penas e do director de Edicións Xerais, Fran Alonso. Os poemas deste libro estrutúranse como un acto relixioso, dando forma a un poemario coral que honra aos asesinados polo bando fascista na Illa da Arousa a raíz do golpe de estado de 1936.

Tracking Pixel Contents