«O movemento asociativo é o motor do Entroido de Moaña»
Activista cultural e amante da historia, "Villa" inaugura hoxe unha exposición de fotografías súas sobre o Entroido nos últimos anos e mañá da o pregón da festa

Xosé Carlos Villaverde, coa alcaldesa (dereita) e a edil de Cultura. | S.Á.
O Concello de Moaña da hoxe o pistoletazo de saída do Entroido no Alto da Praza de Abastos coa apertura (18:30 horas) da exposición fotográfica de Xosé Carlos Villaverde que ofrece máis de 400 imaxes feitas coa súa cámara nestes últimos anos a comparsas e disfraces nas rúas. «Villa», coma é coñecido popularmente en Moaña, é tamén mañá sábado o pregoeiro do Entroido.O acto será ás 17:00 na carpa do paseo. Nado na Canexa de Cándida Lago no 1949, cursou estudos de Peritaxe Mercantil e en 1974 e comenzou a traballar como administrativo ata a súa xubilación en 2008. Dende ben cedo partocipou en asociacións culturais como o Ateneo de Moaña entre 1971 e 1978 e dende 1979 ata hoxe, como membro da Agrupación Cultural Nós.
Que supón o entroido de Moaña como veciño e como investigador na historia local?
Ante nada, creo que non procede que me chamen nin investigador, nin historiador, simplemente que non o son. Son veciño, un veciño máis de Moaña, que dentro da Nós, ten como unha das finalidades de recuperar a parte da historia e axudar a conservar e difundir o noso idioma, ademais doutras actividades. Volvendo a vista atrás, podemos observar que as nosas publicacións cumpriron a súa finalidade, e gran parte do que hoxe sabemos do pasado, foi grazas ao noso traballo. Por suposto que parte da recuperación do Entroido foi consecuencia da Asociación Cultural A.C.. Nós, coas publicacións O Antroido en Moaña, a Historia do Entroido en Moaña e os primeiros concursos infantís de disfraces.
Que ten de peculiar ou de singular esta festa de Moaña?
O Entroido moañés vainos dar unha aproximación de que, como poucos concellos de Galicia, terán unha participación tan social, tan imaxinativa, tan musical, tan crítica, tan divertida, de tanto colorido, de bailes e tan diversa como a de Moaña. Sen dúbida o motor desta festa está baseado movemento asociativo deste Concello. Ademais, hai outro factor, de que es comparsas soen participar no Entroido doutros concellos e viceversa. Aquí tamén participan comparsas de Hío, Aldán, Coiro, Cangas, Bueu, Marín, Vigo, de Mera (A Coruña), e ata chegou un colectivo de Bolivia en 2008.
Perdeu o Enterro da Sardiña o seu atractivo en comparación con hai uns anos cando o desfile de Moaña atraía o interese de toda a área metropolitana de Vigo?
O de “perder” é moi relativo. No ano 1985 houbo 24 ou 25 comparsas desfilando no Enterro da Sardiña e en 1993 participaron 13 ou 14. Este ano 11. Pero iso significa que perdeu interese? . Pois diría que non, porque as xentes da comparsas desaparecidas seguiron participando como grupos ou individualidades. E reitero, os festivais continúan. Os de Domaio con A.F.C. Charaviscas e A.C. Animodo, os de Meiramar-Axóuxeres, os das asociacións de veciños Berducedo-Piñeiro e de Quintela-A Bouza, Tirán “O Pegho” e a Comisión de festas Virxe Peregrina-O Latón. A isto hai que sumarlle o mundo infantil coas actividades, concursos e o Enterro da Xoubiña que se celebra dende 2002.
Garda algunha anécdota coma especial nestos último anos?
Se mal non recordo, foi en 1986, cando a comparsa Renovación de Abelendo, tiña unha espectacular e enorme carroza, creo que simulando unha gamba algo similar e o temporal esnaquizoulla. Ese ano aprazouse o Enterro da Sardiña para o domingo seguinte ao de Piñata.
O mellor disfrace que lembra?
Entre os miles de disfraces que pasaron por Moaña, é imposible dar unha resposta concreta. Só se me ocorre dicir que o disfrace de Foro Abal de Massiel, tivo máis de seiscentas mil visualización no facebook do Concello de Moaña.
Arredor de que xirará o seu pregón de Entrodio?
Xa se pode intuír nas respostas ás preguntas formuladas.
O programa deste ano tamén inclúe unha exposición de fotografías súas do Entroido . Que podemos esperar ver alí?
Cando as comparsas pensaron en min para dar o pregón, pensei recuperar esa foto de Caponata para os carteis anunciadore.. E tamén lles propuxen, montar esta exposición, seleccionando unhas 450 fotos das 11.600 que teño, como representación a dimensión social que ten o Entroido local. Non son fotógrafo profesional, nin fixen cursos de fotografía, polo que non pretendo exhibir fotos de calidade artística. So aprendín coa experiencia e a gran maioría foron tiradas en automático. Simplemente pretendo amosar unha parte do carácter actual desta festa ancestral. As expresións falan por si mesmas.
n
Suscríbete para seguir leyendo
- Cangas instalará cámaras de control de tráfico urbano y supervisará la rotación de coches aparcados
- El jugador del Keniata que sufrió un infarto despierta pero permanece en la UCI
- Moaña celebrará una Festa Cubana con música, baile y gastronomía el proximo sábado 14 de marzo
- La subasta de la urbanización de A Regueira en Cangas, a punto de quedar desierta por falta de pujas
- BNG y PSOE abandonan al Alondras y encarecen el comedor escolar, denuncia el PP
- La Policía requisa un cuchillo de gran tamaño en una reyerta en la calle Real
- Colisión entre una furgoneta y una motocicleta en el centro de Bueu
- Una mujer herida tras ser arrollada en un paso de cebra de Pedra Alta