Celebracións
Cangas aposta polo Entruido
Pasarrúas, concertos, animación infantil, pregón de Os de Sempre, desfile e xincana familiar, obradoiros, Festa dos Callos e o Enterro do Momo que porá fin á programación do Entruido, do 13 ao 18 de febreiro.

Representantes do Concello de Cangas e de colectivos participantes no Entruido, na presentación do programa de actividades. / Santos Álvarez
Nin Entroido nin Antroido nin Carnaval: Cangas aposta polo Entruido, un termo «tradicional» que se convirte en marca diferencial e que arrancará este venres, día 13, con pasarrúas de Aspamsim cos Repunantes e Lume de Karoso, concerto do Conservatorio e Escola de Música (na carpa que se instalará nos xardíns do Sinal), máis pasarrúas e concerto de Entroido do grupo músico-vocal Mornura no Auditorio.
O programa do sábado inclúe animación infantil con Teatro Calavera, obradoiros de maquillaxe, globoflexia, xogos, música e sorpresas e pregón a cargo da comparsa Os de Sempre, no seu 50º aniversario. A continuación interpretarán as súas satíricas cancións e tamén actuarán Os Repunantes. Para pechar a xornada, haberá Baile de Carnaval organizado polo Alondras.
O domingo 15 comezará coa Festa dos Callos, unha cita gastronómica con animación musical baixo a carpa, desde as 11.00 da mañá. A media tarde, desfile familiar con saída do reloxo da Alameda Vella e percorrido por Eduardo Vincenti e Eugenio Sequeiros ata a carpa do Entruido, donde seguidamente celebrarase o espectáculo de animación musical A Festa da Iguana, na carpa, e actuación das comparsas por rúas e prazas.
A Gran Xincana Familiar, con xogos, probas e moita diversión, e actuación de comparsas baixo a carpa son as dúas citas para o luns 16, e o martes 17 haberá obradoiro interxeracional e o espectáculo familiar Cantos e contos da Foresta. Servirá de preámbulo ao Mércores de Cinza, que se celebrará pola tarde con Convocatoria de Viúvas e Enterro do Momo desde o Eirado do Costal ata o peirao de Ojea. A festa fin de Entruido estará protagonizado por Pladür e Derrota Federica en concerto.
As comparsas teñen cita o 28 de febreiro no festival a beneficio de Adicam, no Auditorio, co que se dará por rematada a programación que presentaron onte representantes do Concello de Cangas e de colectivos participantes. O cartel, deseñado por María Blanco Malvido, fai referencia ao Entruido nas cinco parroquias da vila.
- Reaniman a un jugador del Keniata de Moaña tras sufrir un infarto durante un partido
- El jugador del Keniata que sufrió un infarto despierta pero permanece en la UCI
- Cangas instalará cámaras de control de tráfico urbano y supervisará la rotación de coches aparcados
- Moaña celebrará una Festa Cubana con música, baile y gastronomía el proximo sábado 14 de marzo
- La subasta de la urbanización de A Regueira en Cangas, a punto de quedar desierta por falta de pujas
- Colisión entre una furgoneta y una motocicleta en el centro de Bueu
- Una mujer herida tras ser arrollada en un paso de cebra de Pedra Alta
- Adiós a Rubia, la cabra de Bueu en Gran Hermano