Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Efeméride dun naufraxio e posterior corentena en Donón

A tormenta levou a tripulación do luso «Feliz Lembranza» a desembarcar nas Navidades de 1833 en Barra

Unha vista da praia de Barra, en Donón, ao fondo.

Unha vista da praia de Barra, en Donón, ao fondo. / FDV

Cangas

(A Rai Figueroa, pola traxectoria dunha vida laboral marítima).

Co paso do tempo as embarcacións destinadas a transportar mercadorías e pasaxeiros foron mellorando considerablente. No século XIX existían diferentes tipos de naves entre elas o quechemarín, a goleta, a balandra, o bergantín, o iate, etc. Consultando os protocolos notariais de Francisco Orxe Novegil, podemos relatar o acontecido nun dos tantos accidentes marítimos ocurridos tempo atrás.

Navegamos, pois, ata o 5 de febrero de 1834, cando Juan Ignacio da Silva, natural de Vila do Conde, Portugal, é capitán do iate Feliz Lembranza inmatriculado en Oporto. Declara Juan Ignacio, que o buque atopábase ancorado na Baía de Lisboa, ben condicionado de quilla e costado e con boa disposición de navegación. O 10 de decembro de 1833 o Feliz Lembranza, cun porte de 41 toneladas, partiu da cidade de Lisboa con destino á de Oporto. O seu cargamento consistía en sal, pipas, arcos de ferro para as pipas, caixóns de aceiro e outros efectos. A nave arribou á Barra de Oporto o 15 do citado mes, sin poder rebasala por ausencia de ondas e cos mastros vencidos por mor dun forte temporal que «…les rindió los palos y el Buque sin que pudiesen dar achicada el Agua por la Bomba, se vió obligado a correr aquel tiempo siguiendo el rumbo hacia Galicia en solicitud de la tierra más próxima que pudiese hallarse…».

Seguiu navegando cara Galicia buscando abrigo do temporal e co iate prexudicado. A noite do 18 para o 19 de decembro, divisaron pola proa e con moita dificultade a costa galega sen recoñecer a paraxe onde se atopaban, por ser a tempestade moi dura e intensa. Así o relata o capitán; «…y en la noche del diez y ocho para el diez y nueve siendo las once de ella divisaron un semblante de tierra por la Proa sin que pudiesen conocer qual era ni en que paraje se hallaban, con motivo del recio temporal y espesa niebla…/. Por medo a encallar, Juan Ignacio decidiu virar e afastarse das rochas. Pero nesta manobra e dándolle o costado e proa ao forte vento e grandes ondas, viuse na obriga de votar dous risóns. Mais, sobre as dúas da mañá, dándose conta que ía á garra, lanzou un terceiro risón para dar fondo e non naufragar e intentar salvar as vidas. Esperando a que amainara, así aguantou a tripulación á chegada do día. O furacán arreciaba : /… aguantándose de tal manera hasta el día aguardando se calmara el tiempo, pero recargando cada vez este con mayor ímpetu y muy cerrado de espesísima niebla sin conocer la tierra y sí el peligro eminente de naufragar pues la mar era tan cavida que horrorizaba y los huracanes de viento continuados…/.

Declaración de protesta do capitán. |  Familysearch.org

Declaración de protesta do capitán. / Familysearch.org

O capitán, de común acordo coa tripulación,e con moito traballo, votaron a lancha (bote) ao mar e vogar cara un promontorio ante á evidencia dun naufraxio e catástrofe. Sigue declarando sobre a arribada á terra, coa tripulación nunha situación extenuante: /… ha resuelto el que refiere, de acuerdo con su tripulación a echar la Lancha fuera, no sin harto trabajo y exposición a fin de salvar las vidas y dirigiéndose a un Promontorio de Tierra inmediato, llegados a el, encallaron la Lancha, saltaron y se internaron por aquel monte ansiosos de encontrar gente que les dieran noticia del paraje que era y no habiendo hallado ninguna persona y echase la noche se vinieron a recoger debajo de la citada Lancha que pusieron en forma de Toldo al efecto para abrigarse de la tempestad que era desecha o escusiva y pasaron miserable y angustiosamente aquella noche…/.

Ao día seguinte, nunha pequena tregua climática, divisaron outro anaco de costa distinto a onde arribaran. A tripulación, incluso os cinco pasaxeiros que a formaban, moribunda e moi fatigada, conseguiu levar a lancha ata a beira do mar, alí embarcaron e foron vogando durante unas tres horas pelexando contra as condición climáticas e o temíbel mar ata que divisaron una praia onde se atopaba una muller recollendo argazo. Con toda probabilidade a mencionada arribada foi na Praia de Barra, pois é a máis propia para recoller argazo pola proximidade das leiras cultivadas. Alí desembarcaron, non sen risco de lastimarse pola forte marusía, e preguntaron a aquela veciña , en que lugar se atopaban. Esta respondeulles que aquela praia era a de Donón, na parroquia de Santo André do Hío e que aquela era una costa moi brava.

O outro escrito. |  Familysearch.org

O outro escrito. / Familysearch.org

De seguido achegáronse varios veciños á praia e preguntaron quen eran os infelices, de onde procedían e otras cousas. Juan Ignacio da Silva respondeu ás preguntas e pediu axuda e auxilios, pero ningún veciño se atreveu a embarcar, tal vez por medo a ser secuestrados ou contaxiados polas enfermedades como a lepra ou o cólera. Xa era o 23 de decembro e o capitán subiu ao monte contiguo á praia (Monte de Melide?). Coa vista procuraba o buque. Aperciviuse de que a nave garraba. Ese mesmo día pola tarde chegaron ata o lugar onde se atopaba a tripulación as autoridades pertinentes, /… Esto fue en el día veinte y tres del indicado mes de Diciembre del año último: En cuyo día por la tarde llegaron allí los sres. (señores) de la Junta de Sanidad de este Territorio y habiéndoles preguntado igualmente desde lejos su procedencia , motivo de la arribada con lo mas concernienet al intento, les previnieron quedaran y permaneciesen en Cuarentena sin que podían volver a coger el esplicado Yate, para cuyo efecto dieron orden al Cabo de la Marina, celadores y vecinos en presencia del mismo que relata, a fin de que con las precauciones sanitarias les facilitasen todos los ausilios que pidiesen y se proporcionasen, sin tener el menor roze o comunicación; mediante a que por proceder de Lisboa tenían que observar rigurosa cuarentena en el caso de subsistir allí…./.

O día de Noiteboa pola noite o temporal persistía e o barco rompeu amarras. O día de Navidad ollaron que a nave estaba esnaquizada e que perdera toda a súa carga. Descríbese a corentena en Donón da seguinte maneira: /… Por consequencia tubo que cumplir la cuarentena en dicho punto de Donón, en que hay un lugarcito de corto vecindario y a la proximidad de el en una caseta que se les señaló y a la qual se les destinó por orden de la esplicada Junta Municipal de Sanidad; colocándolos en otra caseta al frente hombres de Guardia o que los custodiasen, conservándose hasta ayer que concluía la rigurosa cuarentena y por no haber novedad en la salud de todos ellos, se les admitió a libre plática y comercio…/.

Foron testemuñas da declaración Antonio Fernández Pichel, Juan Fernández dos Reyes, José María Camiña, Benito Álvarez, Antonio Vicente, José López, Domingo Salvador e José Álvarez Silva, tripulantes do buque. Tamén acompañaron esta declaración do capitán os pasaxeiros Antonio José Ferreiro, Manuela Moreira, Benito Francisco Praza e Antonio Pinto. Así mesmo presenciaron este acto don José Carreras, Domingo Lorenzo e Domingo Cacharrón, veciños de Cangas.

(*)Investigador e veciño de O Hío

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents