Tolerancia cero, con premio
O seu compromiso pola convivencia e o benestar nas aulas e a prevención do acoso escolar son merecedores do premio «Tolerancia cero», que a Xunta de Galicia vén de conceder ao Ceip San Roque, de Darbo.

Nenas e nenos, coas súas mestras, onte nunha aula do Ceip San Roque. / G.Núñez
«É un gran premio, tanto pola dotación económica como polo recoñecemento ao traballo realizado. Estamos supercontentas e queremos darlle continuidade», celebra Ana Fontán, unha das mestras do Ceip San Roque artífices do programa «A escola que coida: cara a unha convivencia libre de violencia», cuxa aplicación entre o alumnado e as súas familias vén de facelo merecedor do premio «Tolerancia cero» contra o acoso escolar, que outorga a Xunta de Galicia e está dotado con 8.000 euros.
O recoñecemento chega tras varios cursos de traballo no centro educativo cangués en compromiso coa convivencia para crear un espazo seguro e libre de prexuízos. Primeiro, formando ao profesorado en «prácticas restaurativas», unha filosofía que avoga por «restaurar os danos, físicos e emocionais, cando xorde un problema ou conflictividade», en contraposición ao procedemento punitivo, de castigo, explican desde o colexio de Darbo, que dirixe Félix Solla. A colaboración con colectivos como Anfiv (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo), coa práctica do baloncesto en cadeira de rodas, ou coa Asociación Xoán XXIII, con distintos obradoiros, contribúen a ampliar o horizonte social, a comprensión e a implicación.

Ana Fontán, coordinadora do proxecto premiado pola Xunta de Galicia. / G.Núñez
A experiencia demostra o éxito da iniciativa, que comeza «por previr, antes que curar», a través de círculos proactivos, e interveñen nos conflitos «sempre dende unha filosofía reparadora dos danos causados». Aplícanse de xeito coordinado cos equipos de Convivencia e de Igualdade, «e logo trasládanse ás titorías para que chegue a todo o alumnado», con actividades accesibles en función de idades e cursos «para implicalos e que o vivencien», explica Ana Fontán. Tamén se lle dá protagonismo ás familias, que participan periódicamente de actividades e propostas no centro escolar.
Cando a prevención no é abondo, chega a fase de intervención nos conflictos. Nas «caixas de convivencia» instaladas no colexio, o alumnado deposita as súas suxerencias, problemas e demandas. Por exemplo, «cando xogamos ao fútbol, non me pasan a pelota», apunta unha das afectadas. O asunto trátase nos «círculos de diálogo», de reflexión nas aulas cos titores, co obxectivo de que «recoñezan os danos causados, sobre todo a nivel emocional». Un protocolo que conta tamén con guías de actuación ante casos de acoso escolar ou violencia de xénero no ámbito educativo, da Xunta de Galicia. O premio «Tolerancia cero», que lle acaba de conceder, indica que o Ceip San Roque está no bo camiño, e os cartos investiranse en seguir avanzando.
Suscríbete para seguir leyendo
- Cancelado el transporte de ría de primera hora entre Vigo y Moaña
- Muere un ciclista cuando circulaba por la carretera A Madalena-Herbello, en Cangas
- Un vecino de Darbo de 44 años muere mientras practicaba ciclismo en Aldán
- Dos heridos leves en un aparatoso accidente en la PO-551 en Bueu
- San Amaro inaugura el nuevo año de romerías
- Una gran mancha de fecales tiñe la playa de Santa Marta y los vertidos no cesan
- Un carnaval sin Marcha Loca
- Cabalgatas de Reyes en O Morrazo: horario y recorrido de los desfiles de Bueu, Cangas, Moaña y Marín