Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Nadal xa habita en Cangas, Moaña e Bueu

«Cangas, onde habita o Nadal» é unha proposta "innovadora e temática de dinamización comercial, música, danza e animación» froito da colaboración entre o Concello e as asociacións Acica, Cangas Vella e ASVAM. Esta tarde acende o alumeado navideño, ao igual que Moaña e Bueu.

Lucía Docampo, Nelson Quinteiro e Araceli Gestido presentaron onte a programación. |  G.Núñez

Lucía Docampo, Nelson Quinteiro e Araceli Gestido presentaron onte a programación. | G.Núñez

Fran G.Sas

Cangas

O obxectivo desta iniciativa «é activar o comercio, dar vida ás nosas rúas, prazas, locais comerciais e de hostelaría», e ofrecer experiencias «para todos os públicos, para desfrutar en familia e con especial atención aos nenos e nenas de Cangas, a alma das nosas festas».

Así presentan o programa «Cangas, onde habita o Nadal» a concelleira de Desenvolvemento Local, Lucía Docampo, e o consultor artístico Nelson Quinteiro, nun acto que tamén contou coa presenza da alcaldesa, Araceli Gestido.

A troula comeza hoxe cunha cantadela itinerante de panxoliñas polos patíns e espazos emblemáticos do centro urbano a cargo da agrupación "Máis Cantos", así como gaiteiros de Nadal e o Apalpador xigante. Partirá do reloxo de Guitián e seguirá polas rúas e prazas do Progreso, o Arco, Faixa, escalinatas do barrio do Outeiro, O Hío, adro da igrexa, Constitución, Eugenio Sequeiros, Eirado do Sinal e Casa do Concello , donde ás 18.30 será acendido o alumeado de Nadal. A continuación, os asistentes compartirán unha chocolatada.

O domingo inaugúrase a mediodía o espazo «Onde habita o Nadal», seguido do espectáculo «Barullo de Nadal». Pola tarde, obradoiro en familia: Ritmo e panxoliñas (musicoterapia infantil educativa) co Trasno Pataghullo. O luns ás 6 da tarde terá lugar, na praza de abastos, a presentación do libro «O algodón de don Pirimpón», de José Calvar Parada e Jacinto García Duarte. O venres 12 haberá pasacomercios e pasatabernas con elfos musicais e o coro Sa-Son cun espectáculo de panxoliñas, e o sábado 13, a mediodía, será o concerto de Tino Baz e Nelson Quinteiro «Panxoliñas man a man! Que ben o imos pasar!».

O domingo 21 actuará a mediodía Cé Orquestra Pantasma co espectáculo «A Voar!», na praza de abastos; e pola tarde haberá batucada dos elfos coa agrupación musical «Os Queimatasas». O mércores 24 volverán pasarrúas e pasatabernas co Apalpador xigante e os Gaiteiros Desbrosadores. O venres 27, espectáculo de danza itinerante «Conto-danza de Nadal: O espíritu do Nadal presente» (11.00 h.) e Paco Nogueiras na praza de abastos con «Radio Bule Bule!» (18.00 h.). Pechará o cartel, o sábado 27 ás 18.00 horas, Olga de Abad con «O soño do rato», e a continuación, «Gaiteiros Desbrosadores» e «Coro Sa-Son» co espectáculo de panxoliñas de Nadal.

A idea de «Cangas, onde habita o Nadal» xurdiu no grupo de traballo para a dinamización do comercio local e da hostelería, donde está representados o sector e os grupos políticos da Corporación. O epicentro creativo é a praza de abastos, que este ano está a celebrar o seu centenario.

Decoración marinera en el Concello de Moaña.

Decoración marinera en el Concello de Moaña. / FdV

Encendido en Moaña y Bueu, con música

Toda la comarca enciende hoy sus luces de Navidad a las 18.30 horas. En Moaña el encendido es en los Xardíns do Concello con la actuación de los alumnos de la Escola Municipal de Música que van a cantar villancicos. Después de que dos niños se encarguen de pulsar el botón los cientos de arcos y farolas decoradas, así como los árboles iluminados de la Alameda y los jardines del consistorio darán la bienvenida al periodo navideño.

Por otro lado, la propia Casa do Concello se decoró esta semana con una vistosa red y la recreación de animales marinos que va desde tragaluz hasta la primera planta. Es obra de Devanceiros do Mar y de las alfombristas de San Martiño. Bueu, por su parte, tiene el encendido a las 18.30 horas en la Praza Massó.

Tracking Pixel Contents