O Hío celebra un fin de semana de festa por San Andrés
Festexa ao seu patrón cun amplo programa con música, gastronomía e oficios relixiosos

La carpa con la degustación gastronómica del año pasado. | Gonzalo Núñez
Música, degustacións, magosto e xogos populares, verbena e actos relixiosos. A parroquia do Hío celebra desde hoxe a festividade do seu patrón, San Andrés, cun programa ateigado de actos para todos os públicos.
Os festexos comezarán hoxe o o grupo de gaitas Os da Garita, da aldea de nerga, encargaranse de anuncialo cun pasarrúas musical. Para aqueles aos que non lles chegue a música terán outro anuncio do inicio das festas aínda máis sonoro: unha tirada de bombas de palenque a partir das 12.00 horas, que a bo seguro se deixarán sentir en toda a parroquia.
A organización ten preparado un recinto cuberrto cunha gran carpa nas inmediacións do adro parroquial e alí, a partir das 12.05 horas haberá unha degustación de mexillóns. O espazo contará cunha barra na que se servirán bebidas a prezos populares.
XLVIII Semana Cultural
As actividades ao entorno da carpa volverán a partir das 17.30 horas cun magosto e xogos populares para pequenos e maiores. Posteriormente, ás 19.00 horas, terá lugar un concerto de música coral organizado pola agrupación Queixumes do Hío. Unha actuación que forma parte da edición número 48 da Semana Cultural de O Hío e que se desenvolverá no interior da igrexa parroquial de San Andrés.
Este ano cantarán a Coral Polifónica de Beluso, cun repertorio integrado por «Unchained melody», «A tu lado», «Volta axiña», «That lonesome road» e «Viento del norte»; a Coral Chorima de Moaña, que interpretará «Mamá», «Matando suavemente», «A vida é bela», «Dancing queen» e «Moaña»; e a propia Coral Queixumes do Hío, que cantará «Foliada do San Andrés», «Noche serena», «Artes na Mangallona», «Viento del norte» e «Cantigas do Hío».
O peche da xornada de hoxe será unha verbema cos grupos Verde Menta e Lor&En.
O día propio de San Andrés será mañán domingo. Unha tirada de bombas de palenque anunciará a partir das 10.00 horas a xornada grande na honra do patrón da parroquia do Hío. Ás 11.00 horas a charanga Alborada do Morrazo fará un pasarrúas e ás 12.00 horas será a misa solemne na honra de San Andrés.
Para despedir os festexos haberá unha nova degustación gastronómica na carpa, a partir das 12.15 horas, e nesta ocasión serviranse callos... que a bo seguro servirán para entrar en calor.
- Amplio operativo en los muelles de Aldán, Beluso y Bueu para buscar marisco ilegal
- Desalojado un edificio en la avenida de Vigo en Cangas por un incendio
- La tormenta deja 300 casas sin luz en Cangas, derriba muros y anega calles
- El TSXG avala el derribo del muro de la anterior casa de Feijóo en Moaña
- Tras la noche más oscura de avenida de Vigo 10
- Las luces de Vigo y el puente festivo en Portugal abarrotan los hoteles de la comarca
- Cangas no podará más árboles en espacios municipales pese a las demandas vecinales
- Bueu ayuda a España a ganar el mundial de pesca submarina en Brasil