Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Meiro entrega o sábado o seu premio de «Embaixador da cultura»

O acto do ano pasado, coa poeta Míriam Ferradáns. |  FdV

O acto do ano pasado, coa poeta Míriam Ferradáns. | FdV

REDACCIÓN

Bueu

A Asociación de Veciños A Morada de Meiro, en Bueu, celebra este sábado o seu galardón de «Embaixador/a da cultura», que será a partir das 18.00 horas na Casa da Aldea.

O nome da persoa que recibirá a distinción aínda non é público, pero desde o colectivo veciñal adiantan que se trata de alguén «fundamental para a cultura no concello e que, sobre todo, contribuíu a desenvolver a aldea, a vila e a comarca».

O acto estará presentado polo libreiro Fernando Miranda e contará coa intervención poética de Míriam Ferradáns –galardoada na edición do ano pasado– e a actuación musical de Cantadela de Meiro. Esta gala servirá ademais como presentación do novo libro de Luis Chapela Bermúdez, «Remuíños do tempo».

Tracking Pixel Contents