Entrevista | Sara de Matos Secretaria comarcal do Movemento Sumar Morrazo
«Discutir nomes dunha candidatura non é a prioridade»
Non se prodiga no cara a cara, carece de representación municipal, pero é a responsábel do Movemento Sumar no Morrazo e segue o día a día da escena política, especialmente no seu concello de Moaña. Sara de Matos quere abrirse camiño na política.

Sara de Matos, onte en Moaña. / Gonzalo Núñez
Nada en Domaio (Moaña) en 1989, é licenciada en Dereito cun Máster en Avogacía e outro en Asesoría Fiscal e Tributación. Está casada, é nai de dous fillos de 4 e 7 anos e exerce como avogada desde 2014 e tamén no turno de oficio, «na defensa dos dereitos das persoas a ao acceso efectivo á xustiza». Forma parte do Movemento Sumar Galicia desde a súa fundación en 2023, seguindo os pasos da súa fundadora, a actual vicepresidenta segunda do Goberno central e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, e é secretaria comarcal de Sumar Morrazo e secretaria de Formación na executiva de Sumar Galicia. En Moaña tamén forma parte do Consello Escolar do CEIP Seara «para fortalecer a comunidade educativa». Polo de agora está nun proceso de escoita, coma o de Yolanda Díaz cando fundou Sumar, non se presenta como futura candidata, cree que o prioritario é consolidar o proxecto, aínda que daría o paso «con responsabilidade e sempre de xeito colectivo».
—Que diferencia o Movemento Sumar doutras forzas políticas?
—Apostamos por unha política práctica, aberta e profundamente pegada aos problemas do territorio e das súas xentes. A nosa prioridade é construír solucións colectivas a través da participación cidadá, sen caer en trincheiras ideolóxicas nin participar en debates improdutivos. Defendemos unha Galicia máis xusta, feminista, máis verde e con servizos públicos fortes, e facémolo cun método de traballo que prioriza a escoita e a responsabilidade compartida.
—Cando deu o salto á política?
—Cando me decatei de que moitas das cousas que nos preocupan (a vivenda, o transporte, a atención primaria, a precariedade laboral) non cambian simplemente pola indignación. Cambian coa implicación. E sentín que podía achegar unha perspectiva construtiva baseada na miña experiencia persoal e profesional. Foi unha decisión ben meditada, nacida do compromiso coa miña comunidade.
—Vese candidata nas municipais?
—Neste momento, discutir nomes dunha candidatura non é unha prioridade. O importante é consolidar un proxecto que beneficie a Moaña, que aglutine perspectivas e sensibilidades políticas e represente á maioría da comunidade. Se, nalgún momento, creo que podo ser útil liderando un proxecto, considerareino con responsabilidade e sempre de xeito colectivo.
—Detrás de Sumar Morrazo está un político como Euloxio Santos Leites, que foi concelleiro de Urbanismo por Inmo no goberno de Millán (BNG). Que consellos recibe del?
—Máis que detrás, está ao meu carón. É unha persoa con ampla experiencia municipal e, sobre todo, cunha tremenda vocación de servizo público. Del saco dúas cousas: a importancia dunha planificación rigorosa e a necesidade de manter sempre o contacto directo cos veciños, mesmo cando as decisións son difíciles. A política local consiste en estar preto da xente.
—Queda Yolanda Díaz para rato?
Queda. Yolanda é unha figura política sólida e respectada, cun profundo compromiso con Galicia e co país. Sobre todo, é alguén que traballa a través do diálogo e a procura de acordos. Mentres o seu proxecto siga sendo relevante e a cidadanía a apoie, seguirá estando onde máis poida achegar
—Pero os últimos resultados non foron bos.
—É certo que os resultados nas autonómicas non foron os que esperabamos, e debemos aceptalo con humildade e con realismo, pois estábamos en pleno proceso de constitución. Pero tamén con aprendizaxe: hai espazo para reconstruír a confianza, fortalecer a organización e reconectar coa cidadanía a nivel local. Os proxectos transformadores non se miden cun só ciclo electoral.
—Como ve o nacionalismo?
—Galicia ten unha identidade propia que debemos protexer e promover. Recoñezo o valor do nacionalismo democrático, pero o noso proxecto é inclusivo e pluralista: queremos unha Galicia forte dentro dun estado plurinacional e máis xusto, sen recorrer á retórica excluínte. Cremos nunha autonomía robusta, na defensa da nosa lingua e nun autogoberno que sexa eficaz para resolver problemas.
—Foron os primeiros en criticar a duplicidade de recibos do IBI en Moaña. Hai novidades?
—As preocupacións dos veciños son totalmente comprensibles. O que pedimos é claridade, información transparente e solucións rápidas para evitar que ninguén teña que asumir cargas administrativas ou financeiras que non son da súa responsabilidade. Seguiremos insistindo en que o Concello dea respostas claras e, que as xestione con sensibilidade, que asuman a súa responsabilidade e non someter á veciñanza a un entramado burocrático do cal non é responsable.
—Que valoración fai de Moaña e da comarca en xeral?
—O Morrazo ten un enorme potencial, pero tamén desafíos ben coñecidos: mobilidade, vivenda, acceso a servizos e a preservación do litoral fronte ás presións do desenvolvemento económico e urbano. En Sumar Morrazo, vemos unha cidadanía dinámica e comprometida que é moi consciente da importancia de coidar a terra. O noso papel é canalizar esa enerxía e transformala en políticas eficaces. Entendemos tamén como acabamos de ver co recente contrato de lixo, que se adolece dunha participación democrática real da veciñanza nas decisión importantes, e que a suposta participación úsase como escusa en algún casos como é o caso dos consellos veciñais de Moaña, con escasa ou nula participación en algún deles
—Que pensa Sumar Morrazo do conflito da suba do lixo?
—O primeiro paso debería ser escoitar a cidadanía e ao tecido asociativo a priori e non a posteriori, que está a expresar a súa preocupación e, nalgúns casos, a súa indignación. Exiximos a máxima transparencia: unha xustificación clara dos custos, unha avaliación das alternativas e unha revisión do impacto nas familias, e mentres tanto paralizar o proceso.
Suscríbete para seguir leyendo
- Cambio de rumbo para las cabañas turísticas de Bueu, que salen a la venta
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- Rescatan a un motorista herido tras sufrir una caída de diez metros mientras practicaba trial en el monte Paralaia
- El Concello ya había multado por ruidos a la discoteca que actúa como ‘after hours’
- Cunchido abre la temporada de furanchos en Cangas
- Lola Bon, la voz canguesa de Jarcha que amenizó la Transición con «Libertad sin ira»
- Identifican al presunto autor de un robo en un comercio de Cangas, que se llevó material por valor de 1.500 euros