Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bueu entrega o sábado os Premios Johan Carballeira

O acto será no salón de plenos do Concello de Bueu, ás 12.00 horas

Estarán o gañador do certame de poesía, Eugenio Outeiro Lojo, e unha das autoras da reportaxe premiada na categoría de xornalismo, Cláudia Morán

A reunión dun dos xurados dos Premios Johan Carballeira deste ano, en Bueu.

A reunión dun dos xurados dos Premios Johan Carballeira deste ano, en Bueu. / Fdv

Bueu

Bueu organiza este sábado o acto de entrega dos Premios Johan Carballeira 2025, que nesta ocasión recaen en Eugenio Outeiro Lojo na modalidade de poesía e Cláudia Morán e Manolo Broa na de xornalismo. A recepción aos gañadores será no salón de plenos do Concello de Bueu, ás 12.00 horas, e a entrega incluirá unha actuación musical Cintaadhesiva, un proxecto literario-musical a partir do fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada e dos textos de Silvia Penas.

Eugenio Outeiro Lojo gañou o certame de poesía cun poemario titulado “Réquiem”, que tal como explicou nunha entrevista a FARO está dedicado ás vítimas da represión e ás súas familias na Illa de Arousa. No tocante ao premio de xornalismo, o xurado escolleu a reportaxe “Convivir co lume. O baleiro que arede: un territorio a mercé do lume”, de Cláudia Morán e Manolo Broa e publicada orixinalmente no suplemento Sermos Galiza de Nós Diario.

Tracking Pixel Contents