Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Antía Yáñez presenta en Bueu «O clan das barbies» con Fran Alonso

O recital de Fran Alonso na Biblioteca Torrente Ballester. |  FdV

O recital de Fran Alonso na Biblioteca Torrente Ballester. | FdV

REDACCIÓN

Bueu

A escritora Antía Yáñez estará hoxe en Bueu para presentar a súa novela «O clan das barbies», publicada por Edicións Xerais. A presentación está organizada pola Librería Miranda, será no Centro Social do Mar ás 19.30 h e a autora estará acompañada polo director de Xerais, Fran Alonso.

A historia presenta a tres persoas que se coñecen nunha clínica de fertilidade, cada unha cun pasado cargado de desesperación e carraxe. Un encontro que vai derivar nunha historia de furia e sororidade fronte á precariedade, á discriminación e á explotación.

Esta presentación traerá por segunda vez nos últimos días a Fran Alonso a Bueu. O sábado estivo na Biblioteca Torrente Ballester cun recital poético e audiovisual ao redor do seu libro «Véndoche un poema».

Tracking Pixel Contents