Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mulleres en Acción, premio "Boas Prácticas" da Deputación

Premiadas pola Deputación, entre elas María Armesto, posan para a foto oficial.

Premiadas pola Deputación, entre elas María Armesto, posan para a foto oficial. / FdV

G.M.P.

Cangas

A Deputación de Pontevedra entregou o primeiro Premio á Mellor Iniciativa Cultural en Igualdade a «Mulleres en Acción», un «proxecto pioneiro que leva 25 anos facendo do teatro un acto político de igualdade». Destaca que «dende Cangas, esta iniciativa fixo historia: programando con paridade, poñendo mulleres á fronte da creación e convertendo a cultura nun espello xusto e diverso». María Armesto recolleu o premio nun acto coa presenza da alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, e da portavoz municipal e parlamentaria do PP, Loli Hermelo.

Tracking Pixel Contents