Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As Barxas gaña en regueifas

Un total de 66 alumnos de Cangas e Moaña competiron no certame comarcal de poesía improvisada

Un momento da competición
 de regueifas. |  FdV

Un momento da competición de regueifas. | FdV

Cangas/Moaña

«O que pasa en Palestina/ é unha real verdade,/alí morre moita xente,/nós queremos liberdade. Pobres nenos palestinos/ isto é unha realidade/ queremos que eles estuden,/ que ninguén morra de fame». Foi a regueifa de Nora Pérez Fervenza, do IES As Barxas de Moaña, unha das finalistas no Certame comarcal de Poesía Improvisada, que realizouse onte no Auditorio de Cangas, e no que gañou precisamente este instituto ao obter o maior número de alumnos na final.Non había gañador individual.

Os alumnos finalistas no
 certame. |  FdV

Os alumnos finalistas no certame. | FdV

Competiron 66 alumnos e alumnas de ESO en quendas de 10,de cinco centros educativos: IES Rodeira, Monte Carrasco e Eduardo Pondal de Cangas e os IES A Paralaia e As Barxas de Moaña. Foi guiado polos reguifeiros Luís O Caruncho e Pinto d´Herbón.

Los alumnos tiveron que improvisar unha cuarteta de improvisación, outra na que introducían dúas palabras que se lles deu no momento e que rimaban entre sí, e outra cuarteta cun pé forzado que tamén coñeceron no transcurso do certame.Entre as palabras e como dí a concelleira de Ensino e Normalización de Moaña, Dolores Chapela, presente no auditorio, lembra historia e memoria, manifestación e corazón, temos que colaborar, terra e guerra, hai moito que traballar, Vigo e amigo, ou vivimos nun paraíso.

Os regueifeiros facendo de guías na competición dos alumnos.

Os regueifeiros guiando a competición dos alumnos. / Fdv

O xurado, formado por Sara Malvido (artista, directora e formadora vinculada coa música tradicional galega) e Paula Soto (técnica de Normalización Lingüística no Concello de Moaña) tiveron difícil para seleccionar ás 21 persoas finalistas que pasaron á rolda final. O centro gañador recibiu como premio unha regueifa ou roscón que compartiron cos seus compañeiros e compañeiras de aulas, que estiveron de público animando.

O certamen e o colofón a un traballo previo nos centros educativos de Secundaria durante outubro nos que a Concellería de Normalización Lingüística de Cangas e Moaña, en colaboración cos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de Secundaria e co financiamento da Diputación , organizaron obradoiros de poesía improvisada para ensiñar ós alumnos a técnica da improvisación en verso ou regueifa e fomentar a oralidade en galego nun contexto informal. Os obradoiros foron impartidos por reguifeiro da Asociación Oral.

Tracking Pixel Contents