Un Samaín de diversión
Obradoiro de disfraces, concurso de cabazas decoradas, relatos, animación de escaparates, música ou chocolatada son algunhas das actividades organizadas en Cangas, Moaña e Bueu para conmemorar a xornada máis terrorífica do ano.

Persoas do xurado puntuando as cabazas decoradas no concurso de Cangas. / G.Núñez
Calidade, creatividade e orixinalidade determinan os traballos do concurso de cabazas de Cangas, que gañaron Adel Pastoriza Vilas en categoría A (ata 14 anos) e o centro de día Cangas «Coma na casa», que reciben vales de compra por 50 euros no comercio local. Presentáronse a concurso, promovido polo Concello e Acica, oito traballos (catro por categoría), e permanecen expostos no consistorio esta fin de semana. O mal tempo obrigou a adiar a entrega de premios que estaba previsto para onte pola tarde no palco da música e, ao igual que o do certame de relatos e a xincana, será o luns ás seis da tarde, segundo confirmaron a edila Lucía Docampo e a presidenta de Acica, Mª Carmen Pereiro. Con todo, a chuvia non impediu a animación nas rúas, con centos de personas disfrazadas con motivos destas datas tan tenebrosas.

A «pitonisa Felisa», lendo o futuro en Moaña. | / FdV
En Moaña tamén se está a celebrar un Samaín de actividades para todas as idades. No alto da praza de abastos houbo onte pola tarde unha festa infantil con obradoiros, xogos terroríficos, a Pitonisa Felisa para ler o futuro das criaturas e o clown Zigani, así como decoración de cabazas, pintacaras e xogos da asociación Trebellos. Pola noite, festa da mocidade con baile e diversión baixo a carpa do paseo marítimo, donde actuou o grupo Demasiadas sombras e poucas luces, houbo djs na carpa, encabezando o cartel Jose AM, seguido de DSYPL, Carlos González e Dj SU, encargados do tránsito ata o amencer como auténticos zombis.

Celebración do Samaín na biblioteca de Bueu.
Hoxe, a festa do Samaín pasa á Casa da Mocidade, donde entre as 19.00 e 21.00 horas disfrutarán de cócteles terroríficos (sen alcohol), música, set de maquillaxe e photocall. Todas as actividades son gratuítas. Tamén terá continuidade o «scape room» que comezou onte, dirixidos a grupos de oito persoas maiores de oito anos e con 50 minutos para escapar. «Estades seguros de que sairedes con vida?», cuestionan os organizadores, que reparten as prazas, limitadas, por rigurosa orde de chamada.

O Morrazo mete miedo por Samaín / Gonzalo Núñez
En Bueu, onte a mediodía houbo «un universo de contos» do Samaín no estaleiro de Purro, organizado pola librería Abrente. Pola tarde, as actividades ían celebrarse no Ramal dos Galos, pero a chuvia obrigou a trasladalas ao salón de actos da biblioteca Torrente Ballester. O programa comezou ás 16.30 horas cun obradoiro de manualidades, «Lanzador pantasmal», e logo seguiu o turno co espectáculo «En Samaín toca... maxia!», que patrocina a Deputación. O «Morcego bueués voador», un «túnel do terror» e unha chocolatada completaron a xornada.
En Cela, mañá haberá magosto popular no adro desde as 16.30 horas, con castañas de balde, animación, xogos populares e disfraces.
- Cuatro personas trasladadas al hospital y un edificio desalojado por un incendio en Bueu
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Una camarera de Cangas aumenta en 10.000 euros la indemnización por despido que le recortaron por tener jornada reducida
- Los comuneros plantean restringir el tráfico a Cabo Home y cobrar por el paso de coches
- Comienzan las obras de Eroski en Ximeu y los vecinos exigen seguridad
- El reloj de la alameda ya no avisa de las alertas
- La campaña arqueológica descubre un nuevo muro defensivo que rodea la torre de Meira
- El litoral «susceptible» de cambiar