Teatro por necesidade e proximidade
Ningures inaugura curso da Escola de Teatro de Cangas, con matrícula aberta e permanente

Presentación do novo curso da Escola de Teatro de Cangas (ETC), onte no Auditorio. / G.M.P.
«Posta en escena dunha montaxe teatral», «O xogo teatral: curso de exploración e creación escénica», «Obradoiro de escrita e creación teatral», «O corpo creativo» e «Interpretación teatral». Son as alternativas de formación non regrada que ofrece a Escola de Teatro de Cangas (ETC), nacida en 2008 e xestionada por Teatro de Ningures co respaldo do Concello, que convida a nenos, mozos e adultos a achegarse a esta experiencia. As actividades comezan o martes, e a matrícula está aberta, como tamén a invitación «a vir e probar, sen compromiso», a achegarse a este mundo que permite aprender, evadirse e socializar, «e tamén medrar como persoa».
Nesta tarefa están implicados en Ningures, que en 2026 cumprirá 40 anos sobre as táboas e que ofrece como método a experiencia e o talento que atesouran. Salvador del Río, Silda Alfaro, Sonia Rúa ou Fran Paredes –que onte presentaron esta nova temporada xunto coa concelleira de Cultura, Aurora Prieto, e o director do Auditorio, Juanjo Pérez– son algúns dos mestres, como tamén Maite Campos, Santiago Cortegoso ou Lois Soaxe, coñecidos e recoñecidos no mundo teatral e artífices de que O Morrazo (con aportacións de Cangas, Moaña e Bueu) sexa unha potencia na materia. «Sempre fixemos teatro pensando no Morrazo e queremos implicar á xente de aquí; gústanos que o teatro exista aquí e que a xente sinta orgullo por el», repiten.
O histórico de matrículas da ETC, supera as 1.000 persoas, sinalan, alumnado que participou nos 16 espectáculos estreados no Auditorio Municipal Pazos Varela ao longo destes 17 anos. A media de matriculas anuais é de 100 persoas, das cales a metade son crianzas de entre 6 e 13 anos e mocidade de menos de 18 anos. «Un éxito que confirma a total consolidación da ETC na comarca e expresa o interese da súa cidadanía polo teatro e polo labor pedagóxico que realizamos», celebran.
O alumnado tamén participa activamente nas actividades teatrais e culturais da vila, dende lecturas dramatizadas, performances e no macro espectáculo teatral, ‘María Soliña. A defensa da vila», como participando en espectáculos profesionais programados no marco da MITCFC (Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo). Unha oferta pedagóxica «de proximidade, moi difícil de atopar nunha vila ou comarca, capaz de xerar afección e novos públicos para esta arte», que sobrevive con modestas cuotas do alumnado e das axudas que o Concello considera «curtas e busca ampliar.
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- Fin de semana crítico en la Autovía do Morrazo: tres accidentes con un coche volcado
- El vendedor al que robaron cupones de la ONCE: «El seguro no me los cubre»
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Desde Moaña con rumbo a La Martinica
- Vecinos recuperan 400 metros del camino ancestral de A Fraga
- Tres monjas de Monforte en la casa de Sestadelo, en Aldán
- Cangas bate récords de centolla con 1.407 kilos en la primera subasta de la campaña