Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Harguindey, digno de Cangas

Daravelo otorgou a título póstumo o seu XXVI Premio Recoñecemento ao catedrático e tradutor

Breixo Harguindey co premio xunto á alcaldesa (esquerda), a edil Sagrario Martínez (primeira esquerda) e membros de Daravelo.

Breixo Harguindey co premio xunto á alcaldesa (esquerda), a edil Sagrario Martínez (primeira esquerda) e membros de Daravelo. / Santos Álvarez

Cangas

Henrique Harguindey volveu onte a Cangas, como si inda estivera vivo, volveu, como o despediuno Suso de Toro coma a persoa xenerosa, discreta e leal que sempre foi e así o lembrou o seu fillo Breixo Harguindey Barrio no acto de entrega do Premio Recoñecemento Daravelo que esta asociación otorga desde fai trinta e seis edicións. O acto celebrouse ao mediodía no salón de plenos do Concello cangués baixo a presidencia da alcaldesa Araceli Xestido e da presidenta de Daravelo, Antonia Martínez.

Asistentes á entrega do
 Premio Daravelo. |  S. Á.

O fillo de Harguindey e a presidenta de Daravelo nos discursos. / Santos Álvarez

«A persoa que se expresa a través da tradución é alguén que ten a intelixencia e a humildade de recoñocer o valor do traballo doutros e de difundilo para servir aos membros dunha comunidade», lembrou o fillo do seu pai e homenaxeado como así tamén despedíase Suso de Toro, cando o 19 de decembro de 2024 Harguindey falecía aos 78 anos por mor dun cancro.

Natural de Lugo, pero cangués de corazón e alma, medrou na Coruña rodeado dos libros do seu avó materno, Manuel Banet Fontenla, integrante da Cova Céltica, fundador da Academia Galega, membro das Irmandades da Fala e persoeiro do Partido Galeguista. Polas veas do xove Henrique corría a implicación polos movementos culturais e tamén antifranquistas. Cursou a licenciatura de Filoloxía Francesa en Madrid e foi becado no extranxeiro. De volta a A Coruña casou coa súa compañeira vital Maruxa Barrio Val, mestra tamén, e xuntos comenzaron a súa vida en Cangas en 1976, un ano despois de nacer o seu fillo Breixo.

Harguindey implicouse na vila como activista social impulsando equipos de normalización lingüistica, o conservatorio, a casa de cultura, a Capela do Hospital, a Mostra de Teatro... e tamén implicouse como político. Foi cabeza de lista da Unidade Galega, concelleiro de Cultura na primeira corporación democrática e de Ensino coa Xestora. Foi o grande traductor da literatura francesa na nosa terra. Como lembrou o seu fillo: «De Rabelais a Boris Vian, pasando por Victor Hugo, do teatro de Molière aos cómics de Tintín, do erotismo de Pierre Louÿs á literatura infantil de Jacques Prévert... Quique non deixou un penedo sen erguer, sempre co modesto desexo de ser digno da súa vila, Cangas, e do seu pobo: o pobo galego. E abofé que o conseguiu.»

Asistentes á entrega do Premio no salón de plenos.

Asistentes á entrega do Premio no salón de plenos. / Santos Álvarez

Onte, Harguindey foi o digno homenaxeado co premio Daravelo de Agradecemento pola súa traxectoria, que pronto, poderá tamén verse traducido na vila, e xa están en marcha as xestións, como novo Fillo Adoptivo de Cangas e cunha rúa. A presidenta de Daravelo, Antonia Martínez, lembrou no acto de onte o compromiso de Harguindey como mestre coa renovación pedagóxica e, singularmente coa defensa e a promoción da nosa lingua. Atento observador da fala popular, fomentou arredor do ano 2001 a constitución do colectivo «Maré do Morrazo», que leva recollido centos de palabras da fala propia da comarca. Onte, Cangas falou.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents