Tribuna Libre
O espectáculo do lixo
Afonso Fernández*
Nunca presenciei un pleno máis emocionante que o da asemblea da Mancomunidade do Morrazo na Casa do Concello de Cangas o luns 13 de outubro. Trataba sobre a ordenanza da suba da taxa do lixo. Os veciños considéranna esaxerada e tamén se queixan pola falta de información. A emoción viña de como acabaría o acto.
Dentro do auditorio municipal houbo un rebumbio contínuo provocado por persoas do público, digamos, maleducadas. Creo que en parte influíu a falta do que se chama nos espectáculos o departamento de produción, ou algo así.
En toda a sala só había un micrófono, o da presidenta, Araceli Gestido (BNG), alcaldesa de Cangas. As palabras dos concelleiros que interviñeron non se escoitaban pola bulla no auditorio. Polo tanto, imposible de convencer das bondades da ordenanza por parte do goberno comarcal tanto aos políticos dos outros partidos como aos veciños alterados.
Nin sequera o alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, nin o alcalde de Bueu, Félix Juncal, se escoitaban cando se puxeron de cara ao público. Santos voceaba e movía os brazos para xustificar o novo regulamento, pero como non se oía, semellaba unha cantante de mimo. Juncal, en cambio, falaba ríxido co ceño enrrugado, como un presentador da tele cando informa dun naufraxio pero co aparello sen voz.
A falta do encargado da produción neste acto político notouse tamén na calor da sala. Ata algún do público dixo algo razoable cando reclamou, sen éxito, o aire acondicionado. Abrir as xanelas non compensaba porque entraba máis barullo dos manifestantes da rúa. Se cadra, a presidenta non notaba a alta temperatura e mantiña a expresión serena grazas ao aire que lle enviaba o abanico que movía sen parar.
Ao mellor, máis micros nunha sala climatizada non calmaría os ánimos da xente cabreada, pero seguro que favorecería a boa marcha do acto. Considero que estas celebracións políticas hai que coidalas, como os demais espectáculos.
*Veciño de Bueu
Suscríbete para seguir leyendo
- Mercadona denuncia la venta desde Bueu de pescado que debía destruirse
- Fin de semana crítico en la Autovía do Morrazo: tres accidentes con un coche volcado
- El vendedor al que robaron cupones de la ONCE: «El seguro no me los cubre»
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Desde Moaña con rumbo a La Martinica
- Vecinos recuperan 400 metros del camino ancestral de A Fraga
- Tres monjas de Monforte en la casa de Sestadelo, en Aldán
- Cangas bate récords de centolla con 1.407 kilos en la primera subasta de la campaña