Os Bolechas ensinan como ir a Bueu nun bou
O Concello reparte nos colexios un libro no que a popular familia coñece a vila

A entrega do libro dos Bolechas no colexio Virxe Milagrosa. / T.G.
Hai quen se fai un lío con iso de que se vou a Bueu nun bou vou e se non vou a Bueu nun bou non vou. Pero para axudar a entendelo están Os Bolechas, a popular familia de personaxes de ficción creada por Pepe Carreiro. O Concello de Bueu e a colección Bolanda, creada polo propio autor, veñen de editar un libro ambientado na vila e titulado «Os Bolechas van a Bueu nun bou», que onte foi repartido nos colexios polos responsables municipais de Ensino, Cultura, Turismo, e Patrimonio Cultural [Isabel Quintás, Carmen García, Silvia Carballo e Alberto Moital respectivamente].
Nesta historia Os Bolechas están acompañados por un grupo de amizades con nomes inspirados en Bueu: Xexide, Xaquín, Sar, Bon, Sabarigo, Amaedio, Martiño ou María. E xunto a eles farán un percorrido por algúns dos lugares e dos eventos máis recoñecibles da vila, como a Biblioteca Torrente Ballester, a praza de abastos e festas como a de San Martiño, a do polbo ou a Romaría das Letras de Sanamedio.
Este percorrido supón ademais unha homenaxe ás tradicións locais como o viño tinta femia, os lavadoiros ou estaleiro de Banda do Río ou de «Purro». O libro tampouco se esquece do patrimonio natural de Bueu a través da súa fauna e flora, presente a través dos lagartos arnaus que tanto abundan en Cabo Udra ou as aves mariñas.
O obxectivo da publicación é divulgar a historia e cultura de Bueu entre os máis pequenos, ao tempo que se fomenta o uso do galego. A edición do libro conta con subvencións da Deputación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Cuatro personas trasladadas al hospital y un edificio desalojado por un incendio en Bueu
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Los comuneros plantean restringir el tráfico a Cabo Home y cobrar por el paso de coches
- Comienzan las obras de Eroski en Ximeu y los vecinos exigen seguridad
- Bueu en imágenes con mucha historia
- La campaña arqueológica descubre un nuevo muro defensivo que rodea la torre de Meira
- Bronca en el pleno de Cangas: AV se vuelve a aliar con el PP para tumbar la liquidación de la deuda bancaria del municipio
- El reloj de la alameda ya no avisa de las alertas