«As gardiás» de Teatro de Ningures, Premio da Crítica de Galicia
O xurado outorgoulle o galardón fronte ás finalistas ButacaZero e Grupo Chévere

Rebeca Montero, Silda Alfaro, Melania Cruz, Salvador del Río, Pepa Barreiro e Sonia Rúa, co premio. Abaixo, «As gardiás», que se estreou en Cangas. | D.S.
«Orgullosas e agradecidas por este Premio da Crítica 2025, máis, se cabe, por estar tan ben acompañadas polas outras compañías finalistas, ButacaZero e Grupo Chévere, compañeiras que fan que o premio acade aínda máis valor para nós por admiradas e benqueridas». É a celebración de Teatro de Ningures tras recibir o Premio da Crítica de Galicia, na modalidade de artes escénicas, pola súa obra «As gardiás, ou o nó do tecelán», que se estreou no auditorio municipal Pazos Varela, de Cangas, en novembro de 2024 e xa leva 30 representación en Galicia, donde segue en cartel cunha morea de citas en axenda.

«As gardiás» de Teatro de Ningures, Premio da Crítica
O xurado da 48ª edición destes galardóns estivo integrado por persoas destacadas neste eido: María Armesto, director da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo (MITCFC); Eduardo Cunha «Tatán», actor e director da compañía de títeres Tanxarina; Daniel González Salgado, profesor, director ESAD; Sabela Hermida Mondelo, actriz e investigadora teatral; Francisco Oti, dramaturgo e investigador; Dolores Vilavedra, crítica, catedrática de Literatura Galega da USC, e Branca Roig Rechou, profesora “ad honorem” da USC.
Tomou a decisión por unanimidade e salientou a dilatada traxectoria profesional de Teatro de Ningures, non só polos trinta espectáculos creados, senón tamén por impulsar o teatro comunitario e pola súa vinculación coa formación artística, co Morrazo como territorio de traballo destacado. O espectáculo «As gardiás», estreada hai un ano, «cuestiona o sistema residencial e abre as portas a novos modelos de autoxestión vital propoñendo un necesario debate sobre os coidados na vellez».
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía
- Desde Moaña con rumbo a La Martinica
- El temporal cancela este miércoles los tres primeros barcos entre los puertos de Moaña y Vigo
- Entre tazas de vino y castañas
- Cangas bate récords de centolla con 1.407 kilos en la primera subasta de la campaña
- La primera procesión llena San Martiño
- Comienzan las obras de Eroski en Ximeu y los vecinos exigen seguridad