Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARTE EN MOAÑA | Xan Vieito Artista

«O arrecendo a mar percíbese en moitas obras expostas en Moaña»

Xan Vieito é autor de medio cento de pezas na mostra colectiva «Artellando» que reúne, ata o día 27, a artistas de todo O Morrazo

O autor, no alto da Praza de Abastos de Moaña.

O autor, no alto da Praza de Abastos de Moaña. / | FdV

Moaña

Ata 21 artistas de todo O Morrazo expoñen nestes momentos na mostra «Artellando» no alto da Praza de Abastos de Moaña. Ata o 27 de outubro poden admirarse obras de algúns dos nomes máis recoñecidos das artes plásticas da comarca. Nesta edición o «artista convidado» é Xan Vieito cun significativo número de pezas baixo o título «Meu Mar».

Cantas obras súas pódense ver na exposición de Moaña?

Unhas 50, aínda que é preciso matizar que son obras realizadas entre o mar i eu.

Todas as obras que expón en Moaña teñen relación co mar?

Aínda que non hai unha liña comisarial que as identifique co mar, o arrecendo a el percíbese nunha gran cantidade das obras expostas dos diferentes artistas. Parece natural nun espazo xeográfico en íntimo contacto diario con el.

De esquerda a dereita, as súas obras «Pedra Furada», «Hatshepsut» e «Chantal-nas-suas». |  FdV

De esquerda a dereita, as súas obras «Pedra Furada», «Hatshepsut» e «Chantal-nas-suas». | / FdV

Por que o mar está tan presente na súa obra?

É unha longa historia de amor. Aínda que nacín nunha aldea do interior e non puiden ver o mar ata os sete anos, dende entón foise apoderando de min pouco a pouco. Andando ao seu carón, navegando por enriba del ou mergullándome fun aprendendo primeiro a escoitalo e, unha vez que aprendín a súa linguaxe, a falar con él. Dende que coñezo a súa capacidade artística, dende que diálogo e traballo con el, resúltame, cada vez, máis difícil desprenderme de esa liña de traballo artístico.

Como valoraría o nivel do sector das artes plásticas no Morrazo?

O nivel artístico no Morrazo é moi elevado, sen ningunha dúbida. Non coñezo ningún outro lugar destas características onde o número e o nivel de calidade sexa tan elevado como aquí. A mostra actual é un bo exemplo de elo. Presumo que o mar ten moito que ver.

E a nivel galego, cal é o momento actual das artes plásticas e cales son os principais retos que afrontan os artistas no país?

É un tema moi complexo ao que se adica moita literatura, polo tanto a miña reflexión personal quizais careza de valor. Recentemente fixen unha longa viaxe polo norte de Francia e Bélxica, camiñando entre as artes i o mar. Tiven ocasión de falar con artistas de todas as edades i en distintos ámbitos. Os artistas plásticos, aínda que son máis respectados a nivel institucional, teñen problemas semellantes aos de aquí. Entendo que as solucións máxicas non existen. Basicamente o artista depende de si mesmo no proceso creativo pero depende de institucións ou de compradores da súa obra si pretende vivir adicado ao seu arte. O escaso apoio institucional xunto coa escasa formación no mundo do marketing i empresarial dos propios artistas operan na súa contra. As grandes fluctuacións de prezos e contribúen, probablemente, a complicar o escenario. Entendo que o euro ou o dólar -que non son máis que un papel- tan só teñen valor porque a xente ten confianza neles. Tal vez o mercado da arte, no futuro, debería reorientarse nese senso. O asociacionismo, tantas veces fracasado neste ámbito, tamén debería reintentarse, especialmente na mellora do apoio institucional pero separando sempre o marco asociativo do creativo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents