Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha ruta para recordar o paso de Castelao polos lugares de Bueu

O percorrido comezou en Cela e foi ata Meiro, o cemiterio vello e a Casa do Pobo de Beluso

Un momento do roteiro, diante da casa na que Castelao deu un mitin do Partido Galeguista en outubro de 1932.

Un momento do roteiro, diante da casa na que Castelao deu un mitin do Partido Galeguista en outubro de 1932. / C.G.

D.García

Bueu

O BNG de Bueu organizou onte un roteiro titulado «Castelao en Bueu» para lembrar o paso do artista, intelectual e político galeguista pola vila no ano 1932. Esta actividade enmárcase dentro do Ano Castelao, decretado por la Xunta de Galicia aproveitando o 75 aniversario do seu pasamento.

A ruta tivo o seu punto de partida na coñecida como antiga Escola de Parapía, sita nas inmediacións do cruce de Portomaior na PO-551. Os lugares escollidos para este roteiro están vencellados aos espazos nos que Castelao estivo en 1932 xunto a Ramón Otero Pedrayo ou Alexandre Bóveda en mitins do Partido Galeguista.

Tracking Pixel Contents