Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cangas busca desvelar o segredo do Alén

Do 27 ao 31 de outubro haberá unha «escape room» ao aire libre e unha xincana

Un escaparate na comarca coa 
decoración do Samaín.
|  Gonzalo Núñez

Un escaparate na comarca coa decoración do Samaín. | Gonzalo Núñez

D. García

Cangas

Paseniñamente vai achegándose a data do Samaín e xa comezan a programarse actividades lúdicas e culturais ao redor desta data. Cangas vai acoller desde o 27 ao 31 de outubro unha «escape room» ao aire libre, que se chamará Xinca do Alén e que incluirá unha búsqueda do tesouro inspirada nas lendas e tradicións galegas.

O sistema de participación é moi sinxelo e está pensado para xogar en familia ou en pequenos grupos. O que deberán facer é acceder á páxina web pidopapas.com/xincana, escribir a un enderezo electrónico e na xornada previa ao comezo da xincana recibirán un enlace coas instruccións.

Os participantes deberán percorrer os comercios da vila para seguirlle o rastro á Santa Compaña a través da resolución de enigmas, códigos e probas con candados que estarán agochadas nos establecementos colaboradores. Así, paso a paso poderán descubrir o segredo final do Alén

Esta iniciativa está organizada polo proxecto PidoPapas en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Cangas (Acica) e o Concello. «Queremos que o Samaín vívase tamén nas rúas e nas tendas, con xogos e historias que recuperen o noso imaxinario tradicional, pero ao mesmo tempo con ferramentas actuais, divertidas e con un toque de ‘escape room’», explica o creador do proxecto PidoPapas e coordinador da actividade, Breixo Mariño.

A participación é libre e gratuíta e entre os seus obxectivos destaca o de ofertar unha alternativa de ocio familiar e cultural, ao tempo que promove o uso da lingua galega e un contacto diurecto co tecido comercial de proximidade de Cangas.

O horario de participación será de de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas entre o luns e o xoves e o venres 31 de 10:00 a 14.00 horas... antes de que caia o sol!

Os máis rápidos en resolver o reto que supón esta xincana recibirán premios e agasallos sorpresa. A participación está pensada para un público a partir de 12 anos ou de 8 anos xunto a un adulto.

Tracking Pixel Contents