Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un obradoiro como débeda ao Millán poeta

O obradoiro de creación literaria da AELG homenaxea este ano á figura e obra poética de Xosé Manuel Millán. Con estas xornadas, búscase revalorizar o papel como poeta que tivo o exalcalde de Moaña.

Míriam Ferradáns (centro) coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e o edil de Cultura, Xosé Daniel Costas .

Míriam Ferradáns (centro) coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e o edil de Cultura, Xosé Daniel Costas . / Gonzalo Núñez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Marta Hernández

Moaña

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) homenaxea á figura e obra de Xosé Manuel Millán Otero nesta nova edición do seu obradoiro de creación literaria, baixo o nome de «Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero». A poeta de Bueu Míriam Ferradáns será a encargada de aproximar a un grupo de 20 alumnos e alumnas á obra poética do que fora alcalde de Moaña entre 2003 e 2011 polo Bloque Nacionalista Galego (BNG). A actividade impartirase durante os sábados dos próximos meses de setembro e outubro en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) na Casa da Mocidade de Moaña.

Na xornada de onte presentouse no Concello de Moaña unha nova edición desta iniciativa de escritura creativa da AELG, patrocinada pola Xunta de Galicia a través dun convenio con esta entidade. Este ano, o poeta homenaxeado será Xosé Manuel Millán Otero, falecido en outubro de 2020 por unha enfermidade aos 56 anos. Míriam Ferradáns, quen impartirá as sesións do obradoiro, considerou que a importancia destas reside en que supoñen «unha débeda co Millán poeta». Ademais engadiu que é «oportuno crear actividades que revaloricen a parte poética de Millán, xa que sempre estivo diluída pola súa faceta política». Finalizou afirmando que a través deste obradoiro buscaráse dar a coñecer «a sensibilidade e o compromiso do poeta e da persoa que era Xosé Manuel Millán».

Mediante a súa poesía, Xosé Manuel Millán convertiuse nunha das voces máis intensas e comprometidas da poesía galega contemporánea, cun estilo marcado pola profundidade existencial e pola conexión coa paisaxe do Morrazo.

Nas sesións do obradoiro a poetisa de Bueu buscará achegar as características da obra poética de Millán ao alumnado mediante unha lectura en voz alta dalgúns dos seus poemas, adquirindo novas ferramentas de escritura creativa. Posteriormente, as persoas participantes, empregando as nocións previamente aprendidas, poderá escribir os seus propios textos, inspirados polas obras de Millán. O tenente de alcaldesa de Moaña e poeta, Xosé Daniel Costas Currás, estará a cargo dunha das sesións a impartir. «É necesario falar da obra de Millán para entendelo a el e ao Morrazo», afirmou o edil do BNG de Moaña. Á presentación desta iniciativa da AELG tamén asistiu a actual alcaldesa de Moaña e sucesora na labor política no BNG de Millán, Leticia Santos Paz.

A inscrición ao obradoiro é gratuíta. A partir de hoxe é posible levala a cabo a través da páxina web da asociación (oficina@aelg.org) e o único requisito é ser maior de idade.

Tracking Pixel Contents